A Asociación Si, hai saída condena o feminicidio de Moaña

07 de octubre 2024
Actualizada: 21:40

Desde a Asociación Si, hai saída condenamos o feminicidio cometido en Moaña (Pontevedra), que se cobrou a vida de Fadoua Akkar e que deixa orfo de nai a un menor máis

 

Así mesmo, unha vez máis reiteramos a inutilidade dos minutos de silencio e das concentracións de repulsa, que non deixan de ser accións "cosméticas" que tentan desviar a atención da auténtica raíz desta brutal lacra: A máis que evidente desprotección e a desatención que sufren as vítimas de violencia de xénero, algo do que darían fe moitas delas se alguén se tomara a molestia de preguntarlles, e que, lonxe de sentirse apoiadas, os viven coma unha ofensa e un engano polas razóns que acabamos de expoñer e que os únicos aos que favorecen son a aqueles que os convocan, que non dubidan en utilizalos como ferramenta para os seus fins, case sempre de marcado carácter político.

 

Por outra banda, de novo temos que poñer o foco na ineficacia do sistema VioGén, ou, no seu defecto, daqueles que deberían ocuparse de darlle o uso adoitado.

 

Fadoua non se encontraba incluída neste sistema, pero si o seu presunto asasino, por uns feitos violentos cometidos contra unha anterior parella no ano 2012, polos que chegou a ingresar en prisión, tendo, ademais, unha orde de afastamento en vigor ata o ano 2020 con respecto a muller vítima daqueles feitos.

 

Obviamente, isto, seguir incluído no sistema, non serve de nada se non se lle fai un seguimento.

A eficacia é tanta coma estar incluído nun listado para enviarlle publicidade, por poñer un exemplo.

 

Desde Si, hai saída non podemos por menos que lamentar profundamente e condenar con toda rotundidade non tan so a crecente violencia machista e os feminicidios que, en consecuencia, do mesmo xeito aumentan, se non tamén a hipocrisía e o fariseísmo que ao seu abeiro non deixa de medrar, e que a tantos e a tantas beneficia.

 

Asociación Si Hai Saída