A Asociación Si, hai saída condena o crime machista de Covas

19 de diciembre 2024
Actualizada: 11:04

Desde a Asociación Si, hai saída amosamos a nosa mais enérxica condena ante o presunto crime machista que acabou coa vida dunha muller este mércores en Covas (Viveiro) e facemos chegar as nosas condolencias e agarimo a todos os seus seres queridos.

Asi mesmo, recordamos, unha vez máis, que, malia atoparnos nunhas datas de máximo risco, como son as de Nadal, e ser perfectamente coñecedores do incremento da violencia de xénero nelas, non se estea a facer, desde as institucións, absolutamente nada  para tentar paliar esta inxustificable  circunstancia, ficando todas elas baixo mínimos,especialmente as Ufam(Unidade de Familia e Axuda a Muller)das comisarías, que ficaránpracticamente baleiras, ata o 7 de Xaneiro( 32 días en total desde a ponte da Constitución nos que as vítimas e os seus fillos e fillas quedan case totalmente desprotexidos), limitándose a levar a cabo "accións cosméticas" como son as concentracións e os minutos de silencio, que, obviamente, non serven de nada, agás para o seu propio lucimento, malia que a súa credibilidade é cada vez menor .

Outra cousa é que, ben por intereses ou por outras causas, que, por outra banda, todos coñecemos, non se exprese e mesmo haxa quen non dubide en unirse a elas ou imitalas, buscando, repetimos, tan só o seu proveito.

 

Unha vez máis, vémonos na dolorosa e pouco agradable obriga de recordar que hai moitos xeitos de maltratar, sen ser o executor material dese maltrato.

Ignorar a realidade, non levar a cabo todas aquelas medidas para tentar palialo, tendo a obriga e a posibilidade de facelo, é un dos mais graves.

 

Asociación Si, hai saída