Alerta sobre o perigo de identificar as acusacións en redes sociais con denuncias

30 de octubre 2024

Desde a Asociación Si, hai saída, ante as acusacións vertidas contra o xa ex voceiro de Sumar no Congreso dos Deputados Íñigo Errejón a través de mensaxes en redes sociais e que, desde diversos eidos, comezando pola receptora de tales mensaxes, Cristina Fallarás, denominan como "denuncias", queremos aclarar o seguinte:

Nunca, e recalcamos, nunca, este tipo de mensaxes se poden considerar denuncias.

A efectos legais, son, sinxelamente, acusacións, sen fundamento ningún, por moi verdade que sexa o que nelas se relata.

As únicas denuncias válidas, tras as cales se pode iniciar un procedemento xudicial son as interpostas nunha Comisaría ou nun Xulgado.

A ninguén beneficia inducir a este tipo de confusión, se non que pola contra, causa un grave prexuízo, principalmente as vítimas, agás a persoa, neste caso a Sra. Fallarás, que se está encargando de espallalos, o que, obviamente, está a beneficiala a nivel mediático, no que é evidente que, dun tempo a esta parte, decaera a súa presenza.

Entendemos, por suposto, que para as vítimas resulte menos traumático relatar as súas dolorosas experiencias por esta canle, pero o que non se pode permitir é que se lles engane dándolles a entender que isto vai ter un percorrido legal e xudicial, cando é totalmente falso.

É, por outra banda, intolerable e inxustificable que,desde diversos medios de comunicación, principalmente programas de Tv. nos que certos "pseudoexpertos" máis que opinar, ditan as súas sentenzas, case sempre un tanto desatinadas, se fomente esta confusión, e se frivolice sobre algo tan grave como a violencia sobre a muller coma se de un tema da prensa do corazón, do que viven , se tratara.

Desde Si, hai saída non imos a pronunciarnos sobre a culpabilidade ou inocencia de Íñigo Errejón xa que, nin somos, obviamente, quen para facelo, nin temos a información precisa para isto, e, apelamos, unha vez máis a prudencia, pero si que hai algo que desexamos aclarar e que é, a día de hoxe, un feito irrefutable, guste ou non admitilo: Íñigo Errejón, é, en tanto a xustiza non se pronuncie, presunto culpable dos delitos que se lle imputan, non sendo este o caso da Sra, Fallarás, que si é autora dun delito tanxible e certo, e é que, dispoñendo de tal información, non acudira a cumprir coa súa obriga de denuncialo, en lugar de apresurarse a publicalo en redes sociais, algo do que ninguén semella decatarse, sen ter en conta o dano que está a facerlles a todas as mulleres vítimas de violencia machista ou de calquera tipo de agresións, xa que lonxe de aumentar a súa credibilidade, está a contribuir a que sexan cada vez máis cuestionadas, coma se xa non no o estivesen, lamentablemente, abondo.

Non podemos, por outra banda, esixir que as leis e a xustiza actúen correctamente, en tanto se ignoren actuando dun xeito tan irresponsable como está a facelo a Sra. Ferradás e se está instando a facelo desde diversos medios.

Desde Si, hai saída non podemos máis que instar a que todas as mulleres vítimas de calquera tipo de agresión denuncien e, por suposto, no caso de que, cando o fagan, non se consideren debidamente atendidas, arroupadas, ou protexidas, tamén o digan, porque a nosa obriga é traballar para tentar impedir que isto suceda e non aproveitarnos da súa desgraza para sacarlle rendemento, sexa do tipo que sexa.

 

Asociación Si, hai saída