A Policía Local de Pontevedra, sen calefacción nin auga quente

15 de marzo 2024
Actualizada: 18 de junio

Por se era pouco o desagravio do Concello de Pontevedra cara á Policía Local co constante desprezo aos seus dereitos laboráis e económicos agora ábrese un novo capítulo, deixar a este colectivo sen calefacción nin auga quente nas súas instalacións nos baixos do Pazo de Congresos

Por se era pouco o desagravio do Concello de Pontevedra cara á Policía Local co constante desprezo aos seus dereitos laboráis e económicos agora ábrese un novo capítulo, deixar a este colectivo sen calefacción nin auga quente nas súas instalacións nos baixos do Pazo de Congresos. Motivo? supostamente polo esgotamento do gasóleo nos depósitos do Pazo, feito que ocorreu a principios do mes de marzo e que chegados á mitade deste mes non foron quen de solventalo.

Non pode ser que se actúe con semellante desprezo cara un colectivo que xa foi ubicado de xeito "provisional" alá polo ano 2000 nunhas instalacións que, segundo a Inspección de Traballo, non cumpre os requisitos mínimos esixidos. Nesas instalacións seguimos a día de hoxe, con goteiras por todos lados, auga corrente (agora soamente fría) que sae das billas de cor marrón chocolate, parches e reparacións contínuas que nunca solucionan os continuos problemas que aparecen.

Non houbo tempo de instalar un sistema de calefacción e auga quente máis sostible e, a día de hoxe, nunha sociedade comprometida coa loita contra o cambio climático, o Concello de Pontevedra segue cunha instalación de gasóleo completamente obsoleta para dar servizo ao Pazo de Congresos e, por suposto, á Policía que ocupa o baixo dese inmoble.

Cando a Policía protesta din os nosos gobernantes que non saben por que, que somos uns privilexiados, e outras lindezas parecidas pero a realidade é que somos a policía local máis maltratada en todos os aspectos con respecto ás outras seis grandes cidades de Galicia, e esto non é palabrería, é un feito contrastable.

Sección Sindical SPPME Concello Pontevedra