A ineficiencia dunha AMTEGA millonaria

05 de abril 2022
Actualizada: 18 de junio 2024

Funcionari@s de brazos cruzados impotentes ao non poder tramitar a gran carga de traballo que padecen. Actuacións de urxencia que se teñen que pospoñer ao non funcionar o sistema de sinatura

A Xunta de Galicia, a teor dos erros informáticos producidos onte, colgou na intranet a seguinte información: “Estanse a detectar erros de acceso á Minerva e na conexión da aplicación con Portasinaturas, o que está a afectar ao envío de documentos á firma. A incidencia é de carácter xeral e está a ser revisada. Comunicaremos a resolución en canto se produza.”

O certo é que un día máis tarde seguen sen solucionarse os erros o que está a provocar:

  • Funcionari@s de brazos cruzados impotentes ao non poder tramitar a gran carga de traballo que padecen
  • Actuacións de urxencia que se teñen que pospoñer ao non funcionar o sistema de sinatura

 

A maiores o MICROSOFT EDGE, que vai a substituír ao actual EXPLORER, navegador web compatible con todas as aplicacións da Administración de Xustiza, recomendado pola Xunta, está a provocar ineficiencias que o voltan inoperativo, obrigando aos traballadores a utilizar o EXPLORER. Preguntámonos como é posible que a estas alturas aínda non estean estes fallos solventados.

A xestión informática da Xunta é tan ineficiente que está a provocar fallos incribles: Por exemplo, estanse a facer intervencións informáticas non compatibles con equipos obsoletos (fotocopiadoras) que provocan que se perdan parte das funcionalidades que ata agora tiñan e polo tanto se ralentice o traballo do xulgado.

En conclusión, é permisible que un organismo con orzamento millonario coma a AMTEGA cometa estes erros de principiante e non sexa capaz de solventalos?

É admisible permitir que se ralentice o traballo dos xulgados por ineficacia na xestión pública, prexudicando con elo a todos os cidadáns?

 

Alternativas na Xustiza