A Festa das Cabazas en tempos das miñas avoas

25 de marzo 2024
Actualizada: 18 de junio

Constancia nacera en Campañó e Ramona, en Cerponzóns, dúas mulleres que desde moi novas traballaron nos labores do campo é que adoitaban achegarse ás prazas da nosa Pontevedra para vender parte das súas colleitas: patacas, leña, piñas, mazás, bimbias, sementes, ovos, galiñas, etc

Constancia nacera en Campañó e Ramona, en Cerponzóns, dúas mulleres que desde moi novas traballaron nos labores do campo é que adoitaban achegarse ás prazas da nosa Pontevedra para vender parte das súas colleitas: patacas, leña, piñas, mazás, bimbias, sementes, ovos, galiñas, etc. Así que, dependendo do cultivado, dirixíanse as Prazas da Leña, do Pan, da Verdura ou a das Galiñas.

Tamén ían as inmediacións da capela da Virxe do Camiño, onde os 25 de Marzo celebrouse durante moitísimos anos un dos mercados máis antigos que había en Pontevedra, o Mercado das Cabazas.

Diante da capela, había unha pequena praza, anos máis tarde coñecida como Glorieta de Compostela, onde o día da Anunciación acudía a xente a escoitar unha misa é de paso mercar cabazas, mangos para legóns, fungueiros e demais útiles para o agro. O longo dos anos hubo muitas anécdotas, unha delas, a do ano 1865, decía a prensa: Ayer se celebró la romería de Nuestra Señora del Camino, notable por la multitud de calabazas que en ella se venden. Sabemos de algunas pollitas que han hecho grande acopio de aquellas para distribuir entre ciertos moscardones que las asedian. También han hecho un regular acopio algunas de las que ya se encuentran ya en el invierno de la vida, sin duda con la esperanza de distribuirlas …en el otro mundo. Sabemos además que algunos pollos han enviado a sus amigas sendos regalos, también de calabazas; acaso por pagarles en la misma moneda. El gaceterillo llegó tarde a la romería, así que, ni una calabaza hubo para él; todas se habían vendido. Éstas son ventajas de la falta de puntualidad: ¡Que luego me vengan con aquello de el que llega tarde…!

 

Naqueles tempos, a xente utilizaba as cabazas para levar o viño a San Cibrán ou a San Benito,  outras para facer de flotadores das redes dos vellos mariñeiros da Moureira, os pequenos cabaciños para remendar os calcetíns ou as medias, ou tamén, como símbolo de peregrinaxe ou decorativo.

 

Houbo anos en que a festa pasaba desapercibida, pero outros anos celebraronse festexos diúrnos e nocturnos, inclusive os comercios chegaban a pechar pola tarde é tiña lugar un paseo na rúa inmediata ao Santuario da Virxe do Camiño, amenizándoo a banda municipal. Sábese tamén da participación dunha gaita do país na devandita festa durante muitos anos.

 

Nos primeiros anos do século XX, a prensa relataba o seguinte:

Otros años aún se hacían en el barrio de los siete algunos festejos, nocturnos y diurnos, que servian de esparcimiento al vecindario, pero ahora nada: hasta en esto hemos venido á menos.

Y no falta quien lo atribuya al célebre Carracedo, quien, en venganza de la prisión que injustamente sufre, influye en el seno de la Junta directiva de la Congregación para que los vecinos se queden a oscuras con ocasión de las fiestas de la Patrona.

De que delante de Cristo no te pongan, Carracedo, yo creo, muy señor mio, que ninguna culpa tengo; y sí por mi voto fuera, créeme, gran trompetero, yo te haría concejal del teucrino Ayuntamiento para que en todas las fiestas y con la medalla al cuello lucieses por esas calles tu apostura de guerrero, y llamases la atención como en tus mejores tiempos.

 

Y una vez que yo inocente soy, amigo, de tu encierro manda que haga la Junta para mi solo, festejos.

 

No ano 1927, foi tal o temporal de vento e choivas, que impediu a celebración da "Festa das Cabazas", pero a anécdota máis destacable foi no 1936, procedeuse, ante unha gran polémica, ao derribo da capela, que se tiña referencias da súa existencia desde mediados do século XIII, a partir de entón, as misas que se celebraban na capela da Virxe do Camiño, pasaron a ser oficiadas en San Bartolomé.

 

No ano 1939, seguían criticando a desaparición da capela, a prensa comentaba que se había celebrado o popular mercado da Virxe do Camiño, de tanto sabor tradicional na nosa cidade, onde se vendian cabazas e apeiros de labranza é que desde que a capela fora derrubada pola República, onde se encontraba a Virxe titular do mercado, todo o seu sabor folclórico o foi perdendo, debido a iso íanse perdendo os costumes e conservándose só na memoria.

 

Nos anos corenta, a destacar o ano 1947, celebrábase a festa é pola tarde xogaríase un partido de fútbol entre o Pontevedra é o Sabadell. Na década dos cincuenta falábase da gran animación que había na feira das cabazas, con abundantes postos de venda, situados na rúa da Virxe do Camiño, formando un animado conxunto que exhibía apeiros de labranza e as típicas cabazas. Numeroso público acudiu ao devandito lugar é pouco despois de comezada a feira o pavimento aparecía cuberto de anacos de cabaza rotas sobre as cabezas da muchachada asistente. En 1957 comentábase que a festa fóra moi concorrida, pero os prezos da típica mercadoría foran moi elevados.

 

Na década dos sesenta é setenta, a festa íase diluíndo, os tempos onde o mercado posuía atractivos suficientes e calidade demostrada iban apagándose, só a xente que pasaba polo lugar decatábase que na beirarrúa, entre os coches, había unhas velliñas arrexuntadas, cun par de cestos de cabazas tentando manter a tradición secular.

 

Alá quedaban as batallas rueiras entre os estudantes, alá foise o costume de comprar cabazas para agasallar ao estudante vago ou ao noivo rexeitado, nin había quen as comprase como adorno doméstico, a festa languidecía sen que as autoridades fixesen algo por evitalo.

 

Chegados os anos oitenta e grazas á asociación "Amigos da Cultura" a festa cobrou un novo impulso e chegou a ter anos de gran animación.

 

Constancia e Ramona, xa non puideron vivilo.