A chalana é unha embarcación tradicional das rías galegas, normalmente teñen unha eslora entre os 4 e os 5 metros. A súa principal característica e o fondo plano coas táboas postas en transversal. A proa afiada triangular e lanzada cara adiante. A popa recta e lanzada cara atrás, nas chalanas das Rías Baixas. As bordas e os costados lixeramente inclinados cara fóra, feitos nunha soa peza ou varias a medida da eslora. A madeira utilizada é do piñeiro e do carballo. A navegación é a remo ou a vela que podía ser latina o mística.
Actualmente as chalanas están en extinción.
Son as antepasadas das planeadoras.
As Chalanas como o Peirao do Cemiterio é unha memoria viva, o recordo do pasado no presente, garda a identidade dunha colectividade. O patrimonio cultural do pobo e unha herdanza dos antergos, parte da nosa historia, ensínanos o que fomos. fortalece a cohesión social.
Todas as persoas sentímonos identificadas co noso pobo e o patrimonio e a raigame do noso pasado e historia, forma parte da memoria colectiva e constrúe a identidade dun pobo, e o sentido de pertenencia a colectividade.
A identidade é construída de modo colectivo sobre a experiencia, a memoria e a tradición.
Estas políticas neoliberais (privatizadoras?) contra a identidade e a memoria dun pobo, transformando os sitios históricos e lugares de memoria, neste caso en piscinas de auga salgada. Non habera ubicaciones mais axeitadas?
Estes espazos de memoria é necesario coidalos e preservalos. Neles está a nosa identidade como parte dunha cultura.
O patrimonio é un valor engadido moi importante do turismo a hora de elexir destino.
Sen memoria non hai identidade.
Salvemos o peirao do cemiterio.
Miguel Anxo González-Anleo Arroyo