A Asociación Si, hai saída denuncia a utilización como ferramenta política que se está a facer da violencia de xénero

18 de julio 2023
Actualizada: 18 de junio 2024

Desde a Asociación Si, hai saídaa> contra a violencia de xénero, denunciamos e condenamos, unha vez mais, con toda rotundidade, a utilización que, na campaña política de cara as eleccións do vindeiro 23 de Xullo, se está a facer da violencia de xénero, e, poren, das vítimas e das súas fillas e fillosspandejavu>spandejavu>idejavu>spandejavu>

Desde a Asociación Si, hai saída contra a violencia de xénero, denunciamos e condenamos, unha vez mais, con toda rotundidade, a utilización que, na campaña política de cara as eleccións do vindeiro 23 de Xullo, se está a facer da violencia de xénero, e, poren, das vítimas e das súas fillas e fillos.

 

A pasada semana, un dos partidos que concorren a estas eleccións, nun máis que evidente intento de lavar a súa danada imaxe por mor de certos vínculos para tentar acadar o poder, reclamaba o reforzo das Ufam (Unidades de Familiae Axuda a Muller), mentres que, desde outras formacións políticas contrarias rexeitaban tal demanda, e respondían, presuntamente baseándose nun modelo de feminismo que semella acuñado por eles, pero que é, na nosa opinión, algo máis que cuestionable, que as mulleres non precisan protección, reclamando outra serie de recursos, coma case sempre económicos na súa maioría, malia que está mais que demostrado que, por si sos, de pouco ou nada serven.

 

Por isto, desde Si, hai saída, colectivo que, como de todos é sabido, non temosningún tipo de vinculación política, sendo a nosa única prioridade a axuda as vítimas da violencia machista, desexamos puntualizar o seguinte:

 

- É evidente que o reforzo das Ufam é unha necesidade prioritaria, especialmente en datas coma as actuais, nas que, por mor das vacacións, a violencia de xénero e o risco que corren as súas vítimas, tanto as que xa o son como as potenciais, aumenta notablemente, malia o cal as Ufam quedan practicamente baleiras durante todo o período vacacional, deixándoas case totalmente indefensas, a elas e aos seus fillos, cando mais protección precisan, algo que desde Si, hai saída vimos denunciando desde hai 10 anos, e do que sempre se fixo caso omiso, malia as tráxicas consecuencias que esta desprotección evidenciou en varias ocasións, chegando a cobrarse vidas de mulleres e de menores.

 

Non obstante, malia ser esta demanda algo mais que necesaria, é absolutamente deleznable que se faga xustamente agora, en plena campaña electoral, e cunha evidente finalidade, que é a de acadar votos, ademais da de, como xa dixemos, tentar un lavado de imaxe, buscando o seu beneficio, e utilizando sen escrúpulos as vítimas, totalmente esquecidas ata agora, como o volverán a estar a partir do 24 de Xullo, ao igual que sempre aconteceu en canto remata unha campaña electoral.

 

- Non menos deleznable é o feito de que, ante unha necesidade tan obvia, que pon tantas vidas en xogo, non soamente se cuestione, se non que directamente se rexeite, polo sinxelo feito de contradicir e desacreditar a un partido político rival, relegando, en prol da consecución de votos, as necesidades das vítimas da violencia machista, que, por se non tiveran abondo coa súa tremenda situación, viven cada período vacacional cunha espada de Damocles engadida pendurada por riba das súas cabezas.

 

Hai algo, ademais, que queda claro, que é, ademais da lamentable falta de escrúpulos que se amosa utilizando esta letal lacra e as súas vítimas:

O absoluto descoñecemento das necesidades e da situación real das mulleres e dos menores que están a padecer o inferno da violencia de xénero, e, o peor de todo, o nulo interese por corrixir esta gravísima eiva, falemos da cor política que falemos, atendendo soamente cada unha aos seos propios.

 

Para rematar, desde Si, hai saída queremos lembrar a necesidade de, non soamente reforzar as Ufam, deixando, eso si, moi claro que con isto nonapoiamos a ningún partido político, se non que reflectimos unha demanda real que vimos facendo ano tras ano, como demostran os nosos reiterados comunicados, se non tamén da revisión do perfil dos axentes destinados a tales tarefas, porque se algo está, de igual xeito, tráxicamente demostrado, malia que non se lle tente sequera poñer remedio, é que basearse única e exclusivamente en méritos policiais, fai que, en non poucas ocasións, sexa, se se nos permite a expresión, poñer ao raposo a coidar das ovellas.

 

Asociación Si, hai saída