Sodomizados por ÿvole

25 de febrero 2014
Actualizada: 18 de junio 2024

Por estar nese momento limandome as uñas dos pes non puiden ver Operación Palace, a mega peli coa que o adorado ÿvole andivo a focellar nos anos e a alma dos seus entregados espectadores o pasado día 23 de febreiro.

Como espectador zapeante do telelixo, poñeríame feliz da súa enorme dose creativa. Como xornalista académico, lóxicamente, poñeríame louco ao comprobar a patadanocú que se lle imprime ao concepto reportaxe. Como barby flanín estaría encantada co "novo, arroxado, valente, estimulante, provocador, atrevido" experimento televisivo.

Pero como satisfeito espectador de Salvados, celebro máis o postre que o prato principal. Esa grandísima tertulia na que a brilante maxistrada Biurrun abofeteaba amable e diplomáticamente unha e outra vez a un exministro de Defensa do PP, ensarillado na típica cobardía política española, tan escasa de luces e tan chea de temores, mentres o gran Gabilondo puña o seu clásico punto de grandísima sensatez nos temas quentes da política do estado.

Hai uns 20 anos, La Fura dels Baus fíxonos a todos tremar sobre o pavimento das súas xenialidades coa montaxe MTM, unha brutal escenografía móbil rápida e incesante na que as imaxes e os compartimentos estancos nos que os espectadores eramos obrigados a introducirnos conformaban unha enorme alegoría da mentira institucionalizada. O poder dos medios, a información na man dos poderosos para manter o seu estátus, a manipulación e a persuasión da imaxe configuraban unha gran metáfora visual do novo Cristo do Gran Poder: a tele e os seus enganos.

Ocorrirá que despois de tropezar na pedra de ÿvole os seus engaiolados seguidores ⿿e se cadra El mesmo ou os seus compañeiros de informativos de lasexta⿿ se volvan algo máis críticos, por exemplo, coas informacións de guerra, coa que os poderosos debuxan grandes ameazas e persiguen gobernos en todo o mundo? Entón, amigo Jordi... debías ter chegado algo antes.

Dese xeito tan sutil, amedrentando audiencias e polifacturando mentiras, acabaron co vello soño de Tito nos Balcáns, con Irak, con Libia, están finiquitando Siria, pelexando en Ukraína polo mercado dese gran país ⿿tan europeo como Rusia, por exemplo⿿, ou amenazan Venezuela, por citar os que desfilan acotío polos telexornais da man de todas as Anablancos de occidente.

E os nosos progres xogando a ser maiores... menos dá unha pedra!

http://www.lafura.com/web/cast/obras_ficha.php?o=61