Ate o momento fixen alusión de maneira velada, ou indirecta, os meus problemas de saúde. Pero con permiso de PontevedraViva, quixera escribir unha vez máis sobre estes problemas, pero neste caso de xeito exclusivo. Os meus problemas xurdiron por unha lesión no tímpano, ca deformación da cavidade timpánica, polo uso de tapóns de gomaespuma por mor duns veciños máis que molestos que cas súas parrandas, taconazos e golpes provocados por unhas instalacións industriais que montaran, nun terceiro piso! non me deixaban durmir. Aquilo me retraiu o tímpano e eu para "solucionalo" boteille unhas gotas que encharcáronme o oído. Cando quixen secalo cun bastoncillo, saquei o mesmo cuberto de sangue. A partir dese momento, dende hai case dous anos, convivo cun ruxido inconmensurable no oído esquerdo. Aquel mesmo día asistín a Urxencias de A Parda, co oído esquerdo taponado por un coágulo de sangue. Dixéronme que non era quen de mirar nada polo coágulo e que se as molestias continuaban fora a doutora de cabeceira. E vaia se continuaron!
A dia de hoxe sigo con ese ruxido e cunha lesión no oído que me trocou a vida. En primeiro lugar tiven que deixa-la música, actividade que me daba satisfaccións e algún que outro carto. Son especialista en Historia Antiga e o meu soño dende neno é escavar en Xerusalén. Este verán, tras anos de contactos tiven que declinar a primeira invitación para escavar en Xerusalén. A razón?: a imposibilidade de viaxar en avión. Ese mesmo impedimento fai que non poda asistir a congresos.
O raíz do problema é un malentendido. Hai máis de quince anos estaba sendo atendido polo SERGAS por un leve acúfeno nese oído esquerdo. Un acúfeno sen solución. O SERGAS pensa que sigo queixándome do mesmo acúfeno, a razón de tal malentendido?. A doutora de Urxencias á cal acudín aquel 10 de febreiro do 2022, se lle esqueceu meterme no historial que eu estivera alí aquela tarde cun coágulo de sangue taponándome o oído esquerdo. Ante a miña sospeita solicitei o meu historial médico dende ese día 10 de febreiro do 2022, e foi entón cando me din conta que eu oficialmente nunca estivera alí. Días despois daquel fatídico día, ante a desidia do SERGAS para atenderme, xa que cando lle pedín a miña doutora de cabeceira unha cita cun otorrino de xeito urxente, estando en febreiro, ma deu en xuño (aquilo non era una tan sequera preferente), asistín a unha clínica privada na cal me limpara o oído, facendo desaparecer o coágulo. O que non desapareceu foi o ruido. Un coágulo e unha lesión que para o SERGAS nunca existiu.
Ademais do ruido, teño constantes cefaleas e caídas na rúa pola rúa por perda de equilibrio, un día acabei en Urxencias de Montecelo e, sen tan sequera explorarme cun otoscopio, recetáronme alprazolam, medicación que rexeitei. Eu teño unha lesión no oído, non unha crise de ansiedade, lles espetei. Foi a última vez que fun a Urxencias, xa vai máis dun ano. Cada vez que vou a Montecelo, ó servizo de otoloxía, sempre tócame a mesma doutora, a cal négase a atenderme, alegando que ela "non ten a culpa de que metera un bastoncillo polo oído" (incrible, pero certo). É como se o SERGAS se negase a tratar non servizos de neumoloxía ós pacentes fumadores. Non é necesario que explique que o do bastoncillo foi un accidente. Esa otóloga non quere escoita-las miñas explicacións e vótame fóra da consulta alegando que ten máis pacientes, que teño que convivir con esos ruxidos no oído… e punto.
A recuperación do oído, cun timpano retraído, precisa dunha operación quirúrxica, para a cal tan sequera estou nunha lista de espera. A miña vida truncada por un malentendido. Presentei múltiples reclamacións perante o SERGAS, ante unha avogada de oficio e ante a Valedora do Pobo, para que o SERGAS rectifique o meu historial e me atenda. É un malentendido, un fatal e falaz malentendido. Grazas por ler ata aquí, prezado leitor. E se vostede é un alto cargo do SERGAS, tome nota. En breve terei cita, de novo, ca miña avogada, e se o malentendido persiste, terei que reclamar contra o SERGAS con responsabilidade patrimonial: xa que non me opere, que me indemnice. Esta é unha Cruzada que non sei se gañarei ou perderei, pero lles aseguro que non vou renderme, non teño porque convivir cun ruxido no oído, o cal sei perfectamente que ca instalación dun tubiño no oído se solucionaría.