Sempre estarás con nós, benquerida Malú

26 de septiembre 2022

O sábado 24 partía prematuramente, demasiado prematuramente, Malú Pedrosa, incansábel loitadora que nos acompañou na loita na defensa da ría ao longo dos anos.

Que nos queda de ti, Malú, prezada amiga e compañeira?:

Quédannos de ti os anos compartidos de loitas e de coraxe, de risas e esperanzas.

Fica o espazo cheo de ti pero sen ti, milleiros de lembranzas e fotos, inermes agora dende esta infinda quietude na que quedamos, orfas da túa querida presenza.

Encheremos o baleiro cos teus soños, os teus ideais, as túas inmensas ganas de gañarlle á infamia das inxustizas contra as que loitamos ao teu carón.

Ficamos sen ti pero co compromiso de lembrarte e honrarte, coa promesa de gañaren as loitas que deixaches nas nosas mans, por ti, prezada amiga, porque pra nós non partiches, sempre estarás con nós, benquerida Malú.

 

Xunta directiva da APDR