S.O.S. SANIDADE !!!! (I)

06 de octubre 2023

A companheira e máis eu andamos polos setenta e pico, despois de toda unha vida a trabalhar aquí e fóra a prol dun futuro melhor para nós e os nosos e, de paso, obrigados a manter unha tanda de vichicoma parasitaria.

Tinhamos unha doctora de cabaceira que era un verdadeiro anxo; demasiado boa para estar no sergas; amable, trabalhadora, entregada…tenme chamado ás cinco da tarde aínda sen comer, en fin; un mal exemplo para o Sergas, a Conselhería da Sanidade e a Xunta. Pero xubilouse (que ben merecido tinha o descanso) e levamos dous anos sen ternos asignado médico de cabeceira. Cando chegamos á consulta sempre hai un médico ou médica distinta que non nos reconhece como pacientes nin sabe por onde van os tiros por máis historial de ordeador. Non os culpabilizo porque seguro que son contatados por horas para seren despois desbotados, pois é moi raro atopalos repetidos. Intentamos que nos asignaran a unha profesional que nos pareceu competente e ela díxonos que xa tinha demasiados pacientes (non era de extranhar) e que agardaramos que a Xunta ía contratar algúns doctores. Ata hoxe. Rueda pregoou ós catro ventos que ían contratar persoal abondo para acabar coa precariedade pero non fixo ABSOLUTAMENTE NADA!. Se ve que o seu pai espiritual deixou todo “atado e ben atado” antes de liscar para Madrid.

Porque esa é outra; Como se pode ter o rostro de presentarse a unha investidura en Madrid baixo a etiqueta de “BO XESTOR” tras deixar a Sanidade Galega totalmente desmantelada ?! Como pode ser posíble ??? Trabúcase sen dúbida. Falar no Congreso non ten moito que ver con largar un monólogo de autogabanza no púlpito da TVG.

Para algúns, a Sanidade non é un servizo público, é un negocio. Pero, aínda así, os negocios hai que atendelos, promovelos, renovalos, trabalhalos arreo,
pois, como reza o refrán: “O que ten tenda, que a atenda e senón que a venda”. Ó melhor trátase diso, de vender a sanidade, ou o que queda dela, a algún amigacho.

Continuará…desgrazadamente.