O chisme

17 de octubre 2024

A xente do povoado de Upweke ubícase ó pé dunha montanha de detritus, non lonxe da grande capital

E non é o único. Tamén os de Jua Nyeisi ou Bahati malviven na terra queimada e no ventre da montanha de miseria, inzada de laberínticos túneles percorridos de cote por nen@s-toupeira coa súa costra de ronha vitalicia. Non é posible acadar maior nivel pobreza nin ambiente máis dañino nin fame mais ferinte.

Upweke foi unha grande etnia que veu a menos, diezmada por guerras intestinas entre tribos; relixiosas, de territorio ou sucesorias e unha cruel represión colonial de exclavismo e matanzas absurdas. Agora sacaban do lixo algunha cousa que vender, vestir ou comer. Eran meros sobrevivintes. Naquelas condicións tan adversas a súa esperanza de vida era demasiado curta e o seu futuro demasiado sombrío. Cando só se pode ir a peor, unha vida breve e unha morte rápida son unha bendición.

Cando gravamos o documentario, en Upweke todos foron moi amabeis con nós e pagámoslhes con comida e uns poucos cartos. Para eles fumos como un pleno da primitiva, o maná do ceo, un agasalho dos deuses. Un dos nosos cámaras -o Tomás- controlaba bastante swaghili e fixo de traductor. Contáronos de todo, mesmo o seu gran secreto: levaban anos aforrando para mercar unha placa solar e un par de telefones móbiles para falar coa Wanawake que pensaban enviar a Europa para tentar escapar da miseria.

Chamáronlhe Duma (gueparda) e, igual que a felina, era rápida e forte, lista e valente. Criárase entre o lixo e, desde ben cativa, soubo imponherse. Foi elixida por unanimidade para a longa viaxe ó norte, á terra prometida, a abrir caminho ós seus, como xa fixeran algúns doutras etnias, acadando a ‘mkoloni mzee’ Europa.

Ben; pois ó tempo que ela emprendía a súa particular Odisea cara o Norte, nós, a nosa equipa desplazouse á sabana para rodar a fauna na terrible estación da seca. Cos anos voltamos a África por mor doutros trabalhos e achegámos ó poboado Upweke e atopámolo tan empobrecido ou máis que na nosa anterior estadía. Como é natural, preguntamos por Duma. Dixéronnos que falaron con ela perante dous anos de andaina cara o norte, pero cando chegou a ‘mto mkubwa na mpana’, (o mar) non volveu contestar e van alá cerca de oito meses…

Ninguén podía sospeitar que o Chisme; o telefone inalámbrico de Duma pousaba no fondo do Mediterráneo.