Piratas do mar, amigos para sempre

14 de noviembre 2013
Actualizada: 18 de junio 2024

Coa sentencia do Prestige, a xustiza española perde sobre todo unha inmellorable ocasión de liderar a loita contra a piratería marítima internacional. Mentres a oposición centra os seus dardos nos gobernantes da época e a fiscalía centra a culpabilidade nos profesionais do barco e a de esguello tamén na Dirección Xeral da Marina Mercante, pasa desapercibido o gran problema de fondo.

Nen as penas impostas, nen os culpables sinalados no xuizo, nen o sumario e moito menos a voz impotente do xuiz Pía, pasarán á historia como referentes éticos para unha nova era no control das flotas que utilizan os mares de xeito impúdico.

Se o accidente do buque marcou un antes e un despois na navegación europea, a sentenza dictada 11 anos máis tarde é un exemplo do pasotismo español para incidir nos costumes máis perversas do transporte marítimo internacional: flotas lixo, naves por debaixo do nivel mínimo de calidade e equipamentos, tripulacións armadas en base ao dumping social máis escandaloso e desprovistas dos mínimos de profesionalización, bandeiras de comenencia e estrutura empresarial nada claras e irresponsables, todos eles aspectos que teñen confluído no accidente.

O feito de que a fiscalía só presentase como posibles culpables aos profesionais do buque e a un político de segunda fila presaxiaban este tipo de sentenza que tanta perplexidade e indignación causan no país do Nunca Máis.

O sistema xudicial español non foi quen de localizar nengún culpable. E iso sí que é grave. Nengún culpable de manter este tipo de buques polos océanos do mundo, co que se perdeu unha oportunidade de ouro para liderar un novo xeito de xestionar a seguridade do mar e a loita polo medio ambiente mariño.

A sentenza recoñece implícitamente a posibilidade de que este tipo de buques continúen ameazando o ecosistema sen condicións técnicas de navegación, con bandeiras case piratas e con viaxes organizados por unha maraña de empresas sen control gubernamental algún. Unha oportunidade perdida e unha vergoña ante a opinión pública internacional.