17 de septiembre 2022

No ano 2003 unha nova directiva facíase cargo da Comunidade de Montes de Santomé. Con eles empezaba unha nova era na xestión dos terreos comunais procurando a multifuncionalidade (industria, lecer, cultura, natureza) tendo en conta os medios dispoñíbeis até coñecer a totalidade das propiedades, os lindeiros dispoñíbeis, as ocupacións, o cambio de autorizacións do monte, etc.

Hoxe a CM conta con 75 h. dedicadas a eucaliptos, 220 h. a piñeiro e 100 h. a frondosas (carballos, castiñeiros, bidueiros, radairos, cerdeiras) e durante este tempo reduciron o cultivo de eucalipto. 

Invito aos veciños de Marín a pasarse pola estrada que vai desde o cruce de Pastoriza até a lagoa de Castiñeiras, na cal pódense observar as variedades paisaxísticas, un monte produtivo e periurbano que compaxina o lecer coa produción forestal.

A actual directiva presidida por Daniel Rosales está conformada por 12 persoas, das cales 5 son mulleres, cunha idade media de 55 anos. Como outras comunidades ten unha eiva no relevo xeracional que pon en perigo todo este traballo, un monte sostíbel, cun cultivo racional e que xera 3 postos de traballos fixos e 14 temporais ao ano. Só falta que os máis novos tomen conciencia do legado e do que representa o medio no que viven.