Panem et circenses (Pan e Circo)

02 de septiembre 2022

Esta coñecida frase do poeta Juvenal, recollida nunha das súas sátiras hai mais de 2100 anos, témola escoitado mais dun cento de veces. O sentido satírico e innegábel; quer polo seu propio significado, quer polo estilo literario; a sátira.

 

No seu contexto orixinal referise pexorativamente o uso e abuso do lecer, do entretemento vil e miserento que os gobernos consulares, maxistrais e dos cesares aderezaban co prebe de pan, viño e viandas varias repartidas a esgalla. O nivel da vileza e miseria dun césar mediase polo tipo ou tipos de espectáculos circenses que mais gusto e gasto público representaban.

 

Iso pasaba en Roma, ou mellor dito, en todo o Imperio Romano. Non tivemos a sorte, nen a desgraza de velo ou vivilo. Por voltas da historia – ou mellor aínda da pseudo historia – podemos afacernos o que de miserento tiña.

 

En Marín o Goberno do pobo está en mans dun Senado electo polos seus cidadáns: os seus máximos representantes conformaron un triunvirato que, co paso do tempo, parecese mais no fondo e formas ó Imperial

 

Nas formas é mais que evidente: tres césares que cuadrienio tras cuadrienio sucédense a si mesmos. Sen xestión, sen expansión, cos servizos baldados ou mesmo baleiros, aplicando "a tope" a filosofía que se agocha baixo o a citado "panem e circenses".

 

No apartado de "panem" toman conta os novos cesares e festa a festa, fotocall a fotocall, entroido tras entroido, facebook a facebook, pirata a pirata,.... consolidan un estado das cousas "cuasi circensis". Afinan e melloran o que hai mas de dous milenios denuciaba Juvenal: manter tranquila a poboación para agochar un estado de depresión económica e demográfica crónica no noso concello. Nin mais economía, nin mais emprego, nin mais poboación (a economía do futuro). Feito todo cun animo de "davida", e gratificación pública e asistencial a un pobo que, quente o bandullo, amorease no circo.

 

Esaxeración? Para nada. Para mostra un botón: responda con honestidade a seguinte cuestión: Cal e a obra mais importante desta e doutras lexislaturas dos actuais césares?... un polígono de vivendas sociais? Un polígono comercial ou industrial? .... O circo; sí señoras e señores.

 

O Triunvirato Popular vai, pretende, inauguralo seu propio "Circus Maximus" - chámanlle Auditorio – antes de rematala presente lexislatura. Saben que é imposible mais saben que "a primeira pedra", "o inicio das obras" regado con pan e circo permitira continuala alienación producida polo continuo e virtual espazo no que tentan que subsistamos, permitira colocarse no punto de saída para autorevalidarse.

 

Quédalle o triunvirato "un algo" no que mellorar: customizalo circo a versión "cañí" mediante a aplicación do modelo ibérico; "Pan e Touros". Sería a "releche".

No fondo algo de extraordinario amosa: pon a María Ramallo e o seu triunvirato a altura de Julio Cesar ou Aureliano que hai séculos enchían de millo a 200,000 romanos o primeiro e de 3 bolas de pan ó día a 300,000 cidadáns o segundo.

 

¡¡ Que grandeza ¡¡¡, ¡¡¡ que circo ...¡¡¡ .... pero, a que prezo?