Por onde anda san Roque? Alguén sabe que é del. Perdeuse? Ou que?
O Santo Roque está a delinquir por deixamento das súas funcións e omisión de auxilio, ou que?
Non é o Santo Roque, quen no ministerio dos milagres, ten a responsabilidade das pestes? É ou non é? Ou que?
O Xefe bota a peste e o Roque quita a peste. Ese é o seu xogo. Ese é o seu negocio: eu poño, ti quitas, el paga. Eu poño, ti quitas, el paga. É ou non é? Ou que?
E mira ti. Mira: o santo pega media volta, pon as mans nas nádegas para protexer o cenzo e métese na gloria bendita ou quen sabe a onde. Iso é o que fai. É ou non é? Ou que?
Coas festas que lle ofrecemos e os paseos que lle damos cada 16 de agosto! Desagradecido! Mira como nos paga! Pasa de nós como da merda! É ou non é? Ou que?
Para una vez que nos pode botar una man naquelo que está obrigado a facer, nin aparece nin se espera, nin el nin o can. Iso tamén amola! Ou que?
Eu, como socio vello, que son, da Corporación Católica (KK), pido a destitución do Santo Roque: Santo Roque, dimisión! Santo Roque, dimisión! Ou que?
Que recolla o macuto, que deixe o negocio e que marche para onde lle pete. Porque xa está ben de abusar! É ou non é? Ou que?
O mesmo digo da Corporación Católica (KK), que é tan honrada como el. É ou non é? Ou que?
En vez de facer ensalmos, rogativas e misas pontificais para esconxurar a peste, fecha os seus bochinches e sacude as responsabilidades. Está iso ben feito? Está ou non está? Ou que?
Pois os once mil millóns que recada do estado cada ano deberían dar para ben conxuros, calculo eu. Si ou non? Ti que pensas? Está ben feito? Si ou non? Ou que?
E sobre todo, sabendo que a peste é un castigo que nos manda o seu xefe, ou que?