Os homes no Convento de Santa Clara

31 de diciembre 2022
Actualizada: 18 de junio 2024

Levamos dun tempo para acó coñecendo todo un mundo de actividades, feitos e sucesos que se viviron entre as murallas do convento de Santa Clara o longo de máis de 750 anos e que agora imos coñocendo. Desde que o Concello de Pontevedra fíxose co convento, practicamente todos os días sae á luz pública un novo descubremento

Levamos dun tempo para acó coñecendo todo un mundo de actividades, feitos e sucesos que se viviron entre as murallas do convento de Santa Clara o longo de máis de 750 anos e que agora imos coñocendo. Desde que o Concello de Pontevedra fíxose co convento, practicamente todos os días sae á luz pública un novo descubremento.

Fálase das escavacións, da anorexia das monxas, do que comían, dos restos atopados, as vaixelas, botes de leite en po, aneis, balas, balóns…fálase dos castiñeiros, dos loureiros e as oliveiras, das viñas…pero e dos veciños de Cerponzóns e de outras parroquias que traballaron no Convento? Non se fala? Seguro que eses homes que traballaron no convento tiñan historias que contar, eu recollin algunhas histórias e anécdotas de uns veciños da parroquia que pasaron por Santa Clara.

FAUSTINO SOUTO CALVO (O MORRÓN)

O señor Faustino, coñocido polo alcume de O Morrón, era un tipo alto, mais ben delgado, acostumbraba a levar os zocos sempre con él colgados ao lombo, era sabio, intelixente, refraneiro, falaba perfectamente o castelán, para nada notábaselle o acento galego. A súa sabedoría serviulle para estar durante moitos anos como Alcalde de Barrio, ademáis era o que se ocupaba de preparar documentos de compra venda, de escribirlle as cartas que iban para Arxentina ou Brasil a aqueles veciños que non sabían ler nin escribir, tiña unha letra perfecta, con inclinación e diversas posicións e tamaños, na casa ainda gardo algún que outro documento onde se aprecian diversos adornos no texto realizados polo señor Faustino.

Sendo eu un raparigo, recordo como na taberna de Maruja lía a prensa en voz alta para aqueles que lle preguntaban polas noticias relacionadas coa cobranza de impostos do Concello, dos días e horas de vacinar os fillos, os cans e tamén as vacas.

Gran entendido nas fases da lúa e predicía o tempo que viña no seguinte mes, sen fallo ningún.

Faustino podía haber estado traballando daquela no Concello ou en calquera outra administración, cualidades tiña mais que suficientes, ganas, poucas. Traballaba cando tiña necesidade de cartos, cando xa non tiña outra maneira de conseguilos.

Lembrábame fai pouco un veciño de Leborei que Faustino pedíalle en moitas ocasiones cartos ao meu avó Jesús Recarey, e dáballos sin problema, tiñan muita amizade.

Pero chegou un momento, que eran tantos os cartos que Faustino debíalle que meu avó díxolle:

Faustino, tí ben sabes que cando me pides cartos eu douche o que me pides, pero claro, non hai nada escrito do que me debes, e xa é unha certa cantidade elevada, tes que facer unha escritura onde poñas o que me debes, e de paso, poñer unha das túas leiras ao meu nome se non chegas a devolvermos.

-Tranquilo D. Jesús, eso está hecho, hagamos dicho documento. Déjeme hacer a mi, vaya buscando un par de testigos.

Un daqueles documentos que gardo con muito agarimo é a permuta de unhas fincas, entre Faustino é meu avó Jesús, tendo de testigos a Agapito Pérez e Ramón Maquieira:

RACHADOR DE LEÑA

Un dos oficios de Faustino era a de rachador de leña, naqueles anos que aínda non había butano, as cociñas eran de leña e na cidade a necesidade de dispoñer de leña daba lugar a que as xentes das parroquias baixasen con carros cheos de leña para vender.

De Cerponzóns baixaban cos carros de dúas vacas, tan cargados que non collía nin un escarvadentes entre as toradas de carballo.

Adoitaban vender a leña nunha praza que había a uns cantos metros da Ponte do Burgo, exactamente onde hoxe en día atópase o Colexio Vidal Portela.

Faustino, sabedor dos días en que baixaban os seus conveciños cos carros de leña, acudía cun gran machado ao lombo. Alí mesmo, naquela praza, separaba unha cantidade de leña indicada por quen a compraba e Faustino a rachaba, para despois levarlla ao lugar indicado. Un dos seus bos clientes eran os da casa de comidas “Casa Digna”, eran de levar muita leña de carballo para os seus fogóns.

Faustino, cando non quedaba máis traballo, adoitaba botar o machado de novo ao lombo e percorrer as rúas, parar polas tabernas é as tascas ofrecéndose para rachar leña.

Buscaba sempre os lugares máis podentes, algunha casa dun médico ou un avogado, algún meson ou casa de comidas, tamén iba a xunto as monxas, as de Santa Clara.

A relación de Faustino coas monxas de Santa Clara viña de moi lonxe.

O Morrón pasaba moitas tempadas entre muros, foron uns cuantos anos que prepararoulle as viñas do convento, podabas e atabas con moito oficio, a súa poda era á curta, con moita precisión e sabendo o que facía, así era que as monxas estaban encantadas con él, sempre recollían muito viño e mui bo. Controlaba ademáis se ás cepas aparecíanlle signos de enfermidade, enseguida arrincabas e substituía por outras canto antes.

Tamen cortaballe a leña, e cando era a época da matanza do porco leváballe a un veciño experto neses mesteres, xa que Faustino para cravar un coitelo non era moi atinado que digamos.

Faustino pasaba días enteiros traballando no convento, chegaba á primeira hora da mañá e non marchaba para casa ata que se escondese o sol.
As monxas dábanlle de comer e beber para que non tivese que saír do convento e así estivese centrado no seu traballo.

ENTERRADOREN SANTA CLARA


Un dos traballos tamén que realizaba Faustino no convento era o de enterrador.
Cando lle tocaba realizar esa función as monxas xa lle avisaban desde o primeiro dia que tiña que ir con roupa decente e se non a tiña na casa conseguíanlla elas. Estaba mui advertido, o dia que tiña que enterrar e viña sin chaqueta e cos zocos, facíanlle poñer unha roupa decente e uns zapatos, tiña que estar traxeado desde a cabeza aos pés.

EUSEBIA, A MULLER

Faustino vivía no lugar da Bouza (Cerponzóns), na súa pequena casa dispoñía dun pequeno espazo para facer cestas de vimbia ou de codexo, era un traballo que se lle daba tamén moi ben. Ás veces tamén lle preparaba á súa muller, Eusebia, uns “garabullos” para enganchar as rosquillas que adoitaba levar a vender polas feiras e verbenas, pero o traballo mais habitual de Eusebia era á venda de sementes e de paso sempre levaba consigo unhas ducias de rosquillas para facer uns patacos.

A relación de Faustino con Eusebia tivo os seus altos e baixos, había veces que discutían, en varias ocasións, Faustino tenlle dito:

-Fuera de casa! Fuera de casa!

Nunha desas ocasións, Eusebia marchouse, foise para casa dos seus pais. Un parente dela, o enterarse, díxolle que mellor sería que lle pedise ao seu pai que lle fixese unha casa e que deixase o Faustino, pero Eusebia non lle fixo caso e os poucos días volvía xunto ao seuesposo, as discusións iban e viñan, pero os poucos días xa estaban xuntos de novo.

Pasados uns díasda última discusión, Faustino atopouse co parente de Eusebia e como era coñecedor do que lle había dito á súa muller, chamouno a un lado e díxolle así:

-Señor mío, oiga, escúcheme lo que le quiero dicir:

A mujeres casadas nunca le de consejos

porque debajo de las mantas

a sus maridos les cuentan sus secretos.

 

ANÉCDOTAS

Faustino sabíaas todas.

Por aquel tempo na parroquia constituíran unha sociedade de gandeiros, consistía en recadar uns cartos que se utilizaban no momento que a algún paisano lle morrese a súa vaca e así poder mercar outra.

Para iso, había un cobrador que adoitaba pasar cada mes para cobrar o recibo (eu durante uns anos fun precisamente o cobrador de dita sociedade gandeira).

Resulta que o señor Faustino, cando se constituíu a sociedade, ao darse de alta puxo o nome da súa muller: Eusebia Alvite de Souto.

O motivo polo cal puxo así foi debido a que cando viña o cobrador é non estaba Eusebia na casa, Faustino non lle pagaba, escusandose en que á vaca estaba a nome da súa muller…

-Señor cobrador, se la tiene que cobrar a mi mujer.

-Pero…e logo, non pode vostede pagarme o recibo? Así non teño que volver de novo por aquí ata o mes que ven.

⁃ Vamos a ver, hombre de Dios, a que nombre está la vaca? Al nombre de Eusebia Alvite de Souto?

⁃ Si, a ese nombre, pero…

⁃ Ni pero ni manzana, aténgase a lo que pone el recibo. Tenga buen día.

A CAMPÁROTA

Era a finais dos anos cincuenta do pasado século cando na parroquia rompeu unha campá, segundo dixéronme, fóra a campá pequena. Estaba naquel momento de cura D. Jesús.

O día de misa, o cura na homilia, expuxo o sucedido e ordenou aos veciños que fixesen unha comisión para pedir unha cota a cada veciño da parroquia para adquirir unha nova campá.

Formouse a comisión e foron polos lugares da parroquia pedindo os cartos para adquirir a campá…pero hubo uns catro veciños que non estaban dacordo con tal recadación, que eles non estaban por pagar un instrumento que era parte do traballo do cura.

Tanto Faustino coma o señor Lorenzo, expoñían as súas razóns, comentaba o señor Lorenzo:

-O meu traballo é de carpinteiro e se rompe unha serrón, teño que mercalo eu!

Pois o cura tamén debe facer o mesmo!

-Que compre el señor cura su campana! Faustino Souto, opina lo mismo!

O VELOSOLEXDO LAVARADAS

Unha vez, estando na taberna de Joaquín O Porrelo, seica o señor Faustino vendeu os seus zocos (seguramente debido a que non tiña cartos para pagar as tazas deviño) e marchou descalzo para casa…non sei si sería ese mismo día, pero contoume unha veciña o seguinte:

Resulta que xa era moi noite e por aqueles anos non había luz no camiño que leva á Bouza, o meu irmán viña nun Velosolex e de súpeto pasou por encima de algo que estaba tumbado no camiño, por pouco cae do Velosolex! nisto que baixou do aparato e foi ver que atropelara… ¡era o señor Faustino! Atropelara ao señor Faustino! Meu irmán comezou a correr na procura da miña nai e a botar a de Dios! Mamá, mamá…matéi o Morrón! Matéi o señor Faustino!

Miña nai correu cara ao lugar do accidente, culpando ao meu irmán do sucedido, decindolle que corría como un loco con aquel Velosolex, foron correndo todos a auxiliar a señor Faustino, a medio camiño xa se decataron de un home que viña dando tombos, iba de mallón a mallón, era o señor Faustino, ao chegar xunto a él encontraronno entre unha silveira…

Miña nai toda asustada gritaba: Hai que Manolo matou o señor Faustino!! Hai que está morto! Faustino ! Faustino ! Hai jasus!

Faustino, cando escoitou a miña nai berrar, como pudo incorporouse e tranquilizouna:

Rosa, estate tranquila, que no me ha matado, además Manoliño no tiene culpa ninguna, no le eches la culpa a Manoliño! Fue culpa mía que estaba indispuesto…

Colleuno Rosa como pudo, axudada polos seus fillos e levárono para casa, chamaron por Eusebia e meteronno na cama.

A GALIÑA EN PARREI

Unha vez Eusebia, a muller de Faustino, encomendoulle un traballo, cousa que non era do gusto do Morrón.

Mentres ela ía á cidade para vender as sementes e algunha ducia de ovos, díxolle que fose á unha leira que tiñan en Parrei e que fose sachando e botando o millo…

Faustino non tiña ganas ningunha de ir á leira, e sachar menos, despois de un tempo facendo que sachaba, xa estaba canso, decidiu facer unha das súas.

Foise a casa, entrou no galiñeiro e colleu a unhas das galiñas que tiñan, marchou con ela costa abaixo dirección á leira donde estaba sachando, colleulle unha pata a galiña e foina presionando na terra recién sachada, feito o traballo, Faustino voltou a súa casa coa galiña, soltou a galiña e sentouse a botar unha sesta o carón do palleiro, cubriu a cachola cun pano e quedou dormido.

Eusebia ao chegar de Pontevedra o primeiro que fixo foi ir a finca e mirou que xa non estaba o Faustino e ademáis sorprendeuse que toda a finca estaba chea de pisadas de galiña, conforme chegou a casa despertou a Faustino e comentoullo, o Faustino colleu un gran cabreo despois do “traballo” que había levado todo o día, de tal xeito que OMorrón librouse do que tiña que facer e a culpa levaronna as galiñas.

A SANTA COMPAÑA

Outro feito que foi mui soado na parroquia fora cando lle fixeron a Santa Compaña a Faustino, suceso que xa contéi fai un tempo no meu blog.

A Santa Compaña que lle organizaron uns mozos da parroquia foi moi comentada por todo Cerponzóns, despois de pasar toda a noite na Taberna de Maruja a xogar ás cartas co señor Faustino e non perder unha partida, un dos mozos dixo en voz baixa que ía lembrar aquel día.
Fixérono ben os mozos, foi de campionato o susto que levou o señor Faustino!
Pero O Morrón, pasado o susto o cabo de uns dias, chegou á conclusión dos que lle fixeran tal cousa, non podían ser outros que os da partida daquela noite e durante un ano andou cunha fouce na man.
Durante días dedicouse a visitar aos pais daqueles mozos que lle fixeron a trastada. Faustino coa fouce na man, preguntou a cada un dos pais:
Fulano, cantos fillos tes?
Pois xa o sabes Faustino, teño tres, non sei porqué o preguntas.
E a cada resposta que lle daban os pais dos mozos, Faustino respondíalle: Pues cuenta con uno menos.
Sobra dicir que aqueles mozos fuxían do señor Faustino cada vez que notaban a súa presenza, ata o punto de que non lles quedou máis remedio que ir a pedirlle perdón.
Así foi como o señor Faustino deixou a fouce na casa e perdonou os mozos.

FAUSTINO CO DEPORTE

Cando a xuventude de Cerponzóns comezou a interesarse polo fútbol, decidiron facer un campo aproveitando un terreo que cumpría as condicións. O señor Faustino foi quen acondicionou o rectángulo de xogo, levou as vacas cun arado e preparouno o mellor que puido o terreo que hoxe en día é o Chan do Monte.

FAUSTINO MÚSICO

Faustino tamén tiña gusto musical, así é que en moitas ocasións tocaba o acordeón, son uns cuantos os veciños que lembran velo tocar nos bailes que se facían nos baixos das casas ou nalgunha voda.

FAUSTINO NA PRENSA

12 NOVIEMBRE 1963. EL PUEBLO GALLEGO.

EL GOBERNADOR CIVIL Y EL ALCALDE.

Presidieron una importante asamblea de pedáneos.

A las once de la mañana del domingo, en el salón de actos del Palacio Municipal, se ha celebrado una interesantisima reunión de los alcaldes de barrio de la capital, primera de este género que se celebra en Pontevedra y que se ha desarrollado en un ambiente extraordinariamente animado, con intervenciones frecuentes de los pedáneos para exponer inquietudes y aspiraciones de sus respectivos barrios.

Al iniciarse la sesión, ocupó la presidencia el alcalde de la ciudad, al que acompañaban los restantes miembros de la Corporación Municipal; el Ingeniero-Jefe del Servicio de Concentración Parcelaria de las provincias de Pontevedra y Orense, el Ingeniero-Jefe de la Jefatura Agronómica.

Mediada la Asamblea hizo acto de presencia en el salón el Gobernador Civil, don José González-Sama, que pasó a ocupar la presidencia de la reunión, en medio de la simpatía y entusiasmo de todos los concurrentes.

Abrió el acto el alcalde, con unas palabras en las que al dirigir un cordialisimo saludo a todos los alcaldes de barrio del término municipal, les agradeció la eficacísima labor que en favor de los intereses municipales vienen desarrollando, algunos de ellos desde hace muchisimos años.

Después de explicarles el motivo de la reunión: tratar de Ias nuevas Ordenanzas Municipales y del Plan de Concentración Parcelaria, el señor Filgueira Valverde hizo un resumen de laa principales caracteristicas de las primeras y dió a conocer las ventajas de la concentración, presentando, acto seguido al Sr. Rulz Fidalgo, que durante buen rato fué dando cuenta, con todo género de detalles, a los pedáneos, de las ventajas que proporcionarà al agro de la capital la concentración de las fincas que cada propietario tiene actualmente diseminadas por todo el ámbito de la parroquia de su residencia.

Terminada la intervención del señor Ruiz Fidalgo se inició un animado coloquio en el que los alcaldes de barrio se mostraron, con sorprendente unanimidad, partidarios decididos de ir al Plan de Concentración Parcelaria, que como se sabe se pretende iniciar por el Distrito de Geve, como única solución ideal para la revitalización de nuestro campo.

Se expusieron, por los pedáneos, entre los que se observaba extraordinario entusiasmo e interés, diversas observaciones sobre éstos y otros diversos temas y se propuso se rindiera un homenaje al alcalde de barrio de San Vicente de Cerponzones, don Faustino Souto Calvo, que desempeña el cargo desde hace 27 años, a plena satisfacción de sus convecinos y del municipio, acordándose tributárselo el día de San Sebastián, Voto del Pueblo de Pontevedra.

Pasadas las dos de la tarde se dió fin a la asamblea, siendo obsequiados, a continuación, los alcaldes de barrio con un vino español en la sala de concejales, y durante el que se continuó el animado coloquio, en el que tomó parte activa el Gobernador Civil señor González-Sama Garcia, que ha sido despedido con la misma simpatia y entusiasmo con que había sido recibido.

Faustino.

JOSÉ FUENTES FUENTES (O JAXE)

José Fuentes Fuentes, veciño do lugar da Rons (Cerponzóns), acudiu tamén en certas ocasións ao Convento de Santa Clara.

O señor José era de estatura baixa, menudo, cun lixeiro tartamudeo, menos nos lugares pechados levaba sempre a boina posta, á que lle daba o seu estilo propio tirándoa cara atrás é a un lado.

O señor José tivo un total de 21 irmáns, si, 21, dos cales chegaron a vivir 17.
Non recordo en que ano foi, pero as autoridades daquel entón chegáronlle a dar unha axuda aos seus pais de 1000 pesetas.

José Fuentes.


Ademáis de labrador, o señor José, de alcume O Jaxe, era dono do Muiño da Rons, o último muíño que chegou a funcionar na parroquia.
Fillo de pais muiñeiros, entendía desde ben pequeno o funcionamento do muíño, sempre tiña as pedras perfectamente picadas para que moesen o gran correctamente, á parte da clientela da parroquia, recordo de ver moitos coches que chegaban doutras parroquias cargados con gran para moer.

Nos anos que compartín a miña vida co señor José (¡cantas trastadas lle fixemos!) nunca o vin parar, sempre estaba traballando, sempre tiña algo que facer.
A súa casa estaba a poucos metros da taberna dos meus pais, mui poucas veces ten vido a taberna a tomar un viño ou a xogar ás cartas como adoitaban facer os demais veciños, o señor José estaba sempre enfaenado. Home mais traballador non coñocín, ou no campo ou no muiño, esa foi a súa vida.


Pero ademáis de controlar o muíño, o señor José tiña moitas terras de labranza, as viñas (ainda hoxe en día sigue habendo o emparrado por diante da casa, con cepas que deben ter máis de douscentos años), tiña tamén vacas, porco, ouvellas… era un experto nas cousas da matanza, según me contou meu pai, o señor José era un dos mellores matachins da parroquia e arredores, cando meu pai levaba uns anos sendo o seu veciño, o señor José ensinoulle a arte de matar os porcos e cando xa iba vello falou con Juan o da Rons pasándolle o testigo e os coitelos para que seguira coa matanza na casa dos veciños que o señor José iba todos anos.
As monxas de Santa Clara tiñan, entre outros animais, porcos, e cando chegaba a época da matanza necesitaban dun home que lles fose a matarlle o corricho.
Aproveitando que tiñan ao señor Faustino polo convento, preguntáronlle se sabía dalgún matachín, O Morrón contestoulles que coñecía ao mellor de toda Pontevedra, a su vecino D.JoséFuentes, así que de volta a casa pasou polo muíño da Rons.

Faustino cando iba a Pontevedra e paraba de volta na Taberna da Rons, despois de tomar unhas cuncas e xogar unhas partidas, cando marchaba para súa casa pasaba por diante da casa do señor José, xa que daqueles tempos había un camiño que levaba á Bouza. Devandito camiño estaba uns metros despois do Ponte Malvar, á man dereita en dirección Santiago, o carón da casa de Sara Fuentes, era un camiño de carro, pasaba mismo por diante da casa do señor José e seguidamente por diante do muíño, despois de deixar o muíño á esquerda pasabas por unha pontella sobre o río Rons, que che levaba ao lugar coñecido por O Cañoto, onde ías por unha corredoira que desembocaba ao camiño que ía a Bouza.
Faustino ao chegar a casa de José deixoulle o recado e aos poucos días foron os dous ao convento, alí José realizou a función completa de matachín, tendo que ir aos seguintes días da matanza para acabar de salgar as partes escollidas do porco. Durante uns anos O Jaxe, na época da matanza visitaba o convento.

Para poder realizar a matanza do porco, José tiña de man a outro veciño, Antonio Alvite (O Fojón) e por suposto a Faustino.

SALVADOR URRUTIA

Outro home que tivo relación co Convento de Santa Clara foi Salvador Urrutia, natural do País Vasco, casado con Mercedes Barragáns, veciña de Cerponzóns.
De profesión albanel, especializado na colocación de azulexos. Traballou na Taberna da Rons nunha das ampliacións que se fixeron polos anos 70.
Estivo emigrado en Francia e ten comentado que cando estivo no convento ten atopado esqueletos de criaturas e tamén comentou que no convento había un pasadizo que iba seica a San Francisco.
Salvador pasou os seus últimos días no Asilo de Caldas, onde faleceu.