"Accesibilidade e non discriminación, sempre que sexa tecnicamente posible"
Levamos dezaseis anos de lexislación e loita sobre a non discriminación de persoas con diversidade funcional, pero con pasos moi pequenos cara a real non discriminación, cara a lograr ver que na diversidade está a nosa riqueza como persoas.
O uso de cadeiras de rodas con motor eléctrico e escúteres, son produtos de apoio a autonomía e a liberdade de mobilidade de estas persoas, pero o que naceu coa idea de autonomía fixo mais dificultade a liberdade dos seus usuarios pola imposibilidade de poder viaxar en transporte público cos seus medios de mobilidade.
Coa proposta do "Comité Español de Representantes de Personas con Discapacidad", nace o novo Real Decreto 537/2019 de 20 de setembro, para permitir o acceso de estas cadeiras aos medios de transporte marítimo e terrestre.
Pero ultimamente nos estamos acostumando de máis a ter moitas expectativas cara algún dereito e logo recibimos o xerro de auga fría, nestes días así nos sucedeu a todas co novo Real Decreto. Como un RD que nace da necesidade de liberdade de movemento das persoas de movilidade reducida e diga que se levará a cabo "cando non se sobre pasen determinadas dimensións das cadeiras de rodas", cando ditas cadeiras teñen unhas dimensións estipuladas por lei, ou o que é o mesmo en ningún momento se condiciona o acceso as estradas en función do tamaño do coche que usamos. O que aínda pode ser máis recorrente para as empresas encargadas dos servizos públicos de transporte é que cada parágrafo de dito RD remata sempre coa apostila de "y siempre que sea técnicamente posible". Tecnicamente?
Como pode ser que un RD que nace, ante o impedimento actual de persoas con movilidade reducida a moverse libremente nos transportes públicos, deixe novamente de forma discrecional a decisión de si ou non é "tecnicamente posible" o acceso a ese transporte público por parte deste colectivo.
Dende a Concellaría de Servizos Sociais de Cangas e coa colaboración dos movementos e asociacións de diversidade funcional solicitaremos reunións cos responsables dos tres transportes públicos que afectan a Cangas tanto terrestres como marítimos para ver a implicación das diferentes empresas en levar acabo de forma natural e diariamente este servizo para as persoas afectadas, pois queremos unha Cangas aberta a nosa xente coa independencia das súas capacidades.
A propia Convención da ONU sobre os dereitos das persoas con diversidade funcional recoñece que a denegación de axustes razoables é un tipo de discriminación, igual que o recoñece o artigo 4 da Lei 51/2003.