O incansable viaxeiro

03 de diciembre 2023
Actualizada: 18 de junio 2024

CORENTA anos leva este grande amigo percorrendo este planeta por moitas das latitudes seguindo o ronsel de tantos e tantos galegos que se viron na necesidade de viaxar cara ó desconhecido ou daqueles grandes viaxeiros como Colón, Magalhães, James Cook, La Pérouse ou Marco Polo, por ponher algúns exemplos

CORENTA anos leva este grande amigo percorrendo este planeta por moitas das latitudes seguindo o ronsel de tantos e tantos galegos que se viron na necesidade de viaxar cara ó desconhecido ou daqueles grandes viaxeiros como Colón, Magalhães, James Cook, La Pérouse ou Marco Polo, por ponher algúns exemplos.
 
Este home, ourensán de nacencia e pontevedrés de adopción e vocación, docente da xeografía e historia, quixo conhecelas in situ. Pese ós seus limitados recursos de mestre, aproveitou cada período vacacional para achegarse aos povos do mundo con humildade e respecto. El foi sempre o seu único organizador, programador, patrocinador e guionista… Nunca foi un turista. Xamais consentiu ir da man polos circuítos oficiais por onde conducen a un para que vaia por onde eles queren que vaia e vexa o que eles queren que vexa. El está sempre entre o verdadeiro povo, os pobres (empobrecidos), os explotados e marxinados, as xentes excravizadas (nenos incluídos) nunha irracional colonización que aínda perdura. Son representantes desta diversidade que a supremacía branca pretende eliminar sen decatarse que a vida susténtase na diversidade a tódolos niveis.
 
Ó longo de sete meses e percorrendo 18 países dos cinco continentes, este home foi gravando todo ó seu paso e subíndoo á rede. Un trabalho excepcional onde el é o único productor, guionista, director e protagonista. Nada que ver con eses cansinos "españoles por el mundo" e outros moitos da televisión que se limitan a seren meros guías turísticos onde van polos masificados Acapulco, Copacabana, Miami, Benidorm, Marbella, "Sanjenjo", etc. etc. etc. onde hai o mesmo ambiente, mesmo idioma, mesma música, mesmos caretos de famosos…Viches unha, víchelas todas. Ou cando non, amósannos o casoplón do novo rico de moda…deprimente.
 
Foi a súa unha viaxe longa e case solitaria agás cando se viu acompanhado pola súa dona nas montanhas do Perú ou pola súa encantadora filha nunha Instambul fascinante…tamén a companha virtual dos centos de seguidoeres nas redes que disfrutamos das imaxes que fan por mil palabras e palabras que valen por mil imaxes. Pero o noso amigo non viaxa totalmente só. Na súa limitada equipaxe sempre viaxa unha bandeira galega. De feito, el titulou esta odisea "A volta ó mundo coa bandeira galega" Ela sae en tódalas imaxes, sostida ás veces, con agarimo, por xentes doutras latitudes mais non polos da tvg. Os da tvg son alérxicos.
 
Xa o temos entre nós e debecemos porque nos conte as súas andanzas, abusando da súa confianza. Que nos fale de fauna e flora exóticas. Tamén da arquitectura artístico - monumental e mesmo aquela excesiva e absurda erguida sobre desertos de area a forza de petrodólares. Xa o entrevistaron en varios medios pero con certas reservas, con certa autocensura e non por receo contra del, pois ben saben que é un pacifista nato amante da cultura, senón por medo á ancestral cacicaxe, irracional, ignorante e vingativa que segue mandaricando nestes pagos.
 
E ate aquí chegamos. Non dou conta do seu nome pois carezo do seu permiso, ademais coido que xa todos sabemos de quen falo.
 
Parabéns companheiro e benvindo sempre !