O auditorio Polisémico

30 de abril 2023
Actualizada: 18 de junio 2024

Moitos nin teredes ouvido falar del e seren capaces de ubicalo no espazo tempo que vivimos. Non é unha obra faroinica no senso monumental, non é unha obra heróica nos aconteceres cotías, non sae – polo de agora – en Google Maps

Polisemia: que ten varios significados. Diso vai a cousa, das dúas almas dunha mesma cousa, O Auditorio María del Roman.

Moitos nin teredes ouvido falar del e seren capaces de ubicalo no espazo tempo que vivimos. Non é unha obra faroinica no senso monumental, non é unha obra heróica nos aconteceres cotías, non sae – polo de agora – en Google Maps. É este último suceso o que indica a sua aparente insignificancia. Non estar en google é , simplemente, non estar , non existir.

É falso: está, en forma de 22 escalóns ou pasos duns 30 centimetros nos que dous rellanos fan de estafete nas que os transeúntes repoñen forzas e vontades. E duro, de elevada pendente e importante desnivel. Sería un porto de montaña de 1º categoría na Volta O Cantodarea.

O Auditorio foi sempre pedra, cemento, ferro e algunha baldosa. A maior parte do ano é lugar de transito, de ida e volta da Rúa Concepción Arenal a O Outeiro de Cantodarea. Iso agora, noutro tempo tivo mellor prestixio e tránsito. Levaba e traía homes e mulleres a lonxa; levaba e traía cartos e quiñons; xantar ou fame; sorte ou desgraza.

Hai pouco un conxunto de avatares, de vontades disparatadas e dispersas caeron na conta de aí tiñan un perfecto e sonoro anfiteatro, unha instalación que merecía o nome de Auditorio, un nome concreto e señeiro: puxeronlle o alcume de "Auditorio de María del Romań".

Unha muller, María, que rexentaba un pequeno ultramarinos na parte superior da escaleira e que para moitas xeracións de rapaces e rapazas dos anos 50, 60 e 70 representaban unha auténtica Stairway to Heaven (Escaleira o Ceo) porque no seu local podianse mercar golosinas, gominolas e mesmo xeados de sabores e "ao corte".

Ahi, quedou a cousa un tempo, pero o bautismo do auditorio prendeu nuns poucos a necesidade de usalo, de darlle uso, de darlle significado. Xa conseguiran o hardware, O Auditorio, necesitaban o software, O Auditorio ... os que escoitan, os que prenden e aprenden, os que aplauden .... Tiñan xa a polisemia.

Foi espertar as pedras e a maxia da xente, a fe dos que vivian o miragre, convertiuno nunha polisemia simbiótica: hardware e software, sitio e xente, espazo e veciños, música e aplausos, canto a coro e colectivo... un tras outro en contadas pero afortunadas xornadas O Auditorio de María do Román énchese de luces, xente, cantos, ledicia, memoria, reencontros. Infinitas veces contouse o de miragre de "pouco por moito" mais nesta ocasión non nun miragre, e obra de xentes con nome propio, con cara recoñecible, con amijos e vesiños, con convidados, románticos e añorantes, todas e todos por xunto coma se en vez dun ou dous centos foran milleiros.

Empapanos O Auditorio de ledicia, de amizade, de veciñanza, de historias reencontradas, de música... convídovos a todas e todas para que a próxima vez que teñades ouvido falar do Auditorio de María del Román, do Auditorio do Cantodarea se acheguen ata el.

A pesar de non estar en Google Maps nin no Plan Xeral de Ordenación Urbana e fácil de localizar: irradia ledicia no corazón do Cantodarea.