Co gallo do día das letras galegas tocará acto institucional presumindo de galegofalantes e homenaxeando á persoa á que se lle adique o día (neste ano a Xosé María Díaz Castro) aínda que se acabe perdendo a verdadeira mensaxe de honrar e expandir a língoa galega. ÿ por iso que fico abraiada polo posicionamento do goberno da Xunta de Galiza que debe ser o máxime valedor da nosa língoa e que está nunha dinámica paulatina de eliminación da mesma. Quero que as miñas crianzas teñan a posibilidade de desenvolverense na língoa dos seus antepasados e non sexan ignorantes da súa propia cultura porque de qué nos vale coñecer idiomas alleos cando non valoramos os nosos?
Non coincido con una administración que se limita a utilizar o galego como falsa pantalla para aparentar normalidade pero á hora da verdade, faltan á normativa (E non hai maior insulto a un pobo que o desprecio do idioma propio).Tanto o presidente da Xunta coma o resto do seu governo, especialmente o de cultura, deberían implicarse na defensa e proteción do galego, língoa da cal tanto a Constitución e o Estatuto de Autonomía garanten a súa protección.
Somos bastantes quen consideramos que o orzamento de cultura debe ser investido en promocionar e dignificar o idioma propio de Galiza e igualmente promocionar a nosa música, a nosa poesía, a nosa pintura.que falta nos fai!! Somentes dende una concepción de autocomplexo e autoodio do propio se pode criticar a cultura de un. O galego é un patrimonio de todos nós, mimémolo e utilicémolo.