"Mellor local, mellor Galego"

19 de diciembre 2021
Actualizada: 18 de junio 2024

Non sei se tiveron a sorte de conhecer que un partido político de Marín emprega o titular desta reflexión como eixo motivacional e conceptual dunha acción que, dentro doutra mais ampla titulada "Pensar Marín" , quere apoiar e coñecer o comercio local

Non sei se tiveron a sorte de conhecer que un partido político de Marín emprega o titular desta reflexión como eixo motivacional e conceptual dunha acción que, dentro doutra mais ampla titulada "Pensar Marín" , quere apoiar e coñecer o comercio local.

Non hai outra que alegrarse de que o comercio, como actividade económica, ocupe o tempo e interese dos partidos políticos que están destinados a nos gobernar. Neste caso a ledicia é - se cabe - máis grande, máis enorme, se temos en conta que o partido promotor é unha organización política de mixtura palleira entre socialdemocracia e marxismo ortodoxo.

Un terceiro sino de identidade posiciona a esta organización ou fronte política: o nacionalismo. Son nacionalistas. Non calquera nacionalismo "regionalista" ; son a quinta esencia do nacionalismo galego; a "créme du crème do "nosso"": o BNG (Bloque Nacionalista Galego). 

No panfleto de presentación desta iniciativa lese: "Marín leva 10 anos perdendo poboación…".Que lles vou contar sobre esta afirmación: que algúns xa tiñamos falado de xeito público e crítico desta situación, destes datos que amosan a anorexia demográfica do noso concello?. Que os síntomas son tan nidios que fan innecesaria unha receita maxistral para atallalo problema..?. Benvidos sexades compañeiros e compañeiras.

Máis relevante é a preocupación que o BNG - e os outros partidos corporativos - tarden "dez anos"en decatarse disto. Da gravidade da doenza que os indicadores demográficos apuntan. Para iso fan falla estas viaxes, estas campañas…? . Para chegar onde o BNG chega hoxe non fan falla estas alforxas. ¡ Tarde piades compañeiros !

Pero o máis preocupante da campaña dos NACIONALISTAS é o cheiro autárquico, oportunismo, demodé e rancio que pilota o seu discurso. Non están sós neste enfoque, eiqui sí, concordan con moitas organizacións de comercio local e comarcal. Tentan pórlle portas ao campo cunha mensaxe subxacente de localismo caduco e negacionista dunha realidade económica e social tremendamente dinámica e aberta, na que non é só o comercio sucursalista e as grandes superficies as que lles fan a puñeta, senón os Amazones, Alis Babás e outras castes do mesmo que, como pestes, proliferan no espazo do comercial virtual.

Non ollan pra rúa? Non ven as ducias de furgonetas de Amazon e cia, que hora si e hora tamén, reparten os pedidos achegados por unha empresa china, belga ou ucraína? Queren pórlle freo e remedio os milenials nacionalistas cunha "pequena enquisa"?. Rir por non chorar.

Veñen en concordar e dicir -sorpresa maíscula - o BNG marxista e moitas asociacións comerciais en que "quedes na casa". Que non saias a comprar a "outro lado" porque iso é - na súa moral hipócrita - "un pecado, un traizón a matria". Recordar que similar ou paralelo argumento o firmaba Francisco Franco cando enxalzaba e exaltaba a España autárquica no bi- decenio 1939-1959.

Non fai un moitos amigos dicindo isto: dende logo nen na militancia nen na simpatitancia do BNG; nen tampouco entre comerciantes, achegados e empáticos de oficio dos anteriores.

Porén, en determinadas coxunturas, en tempos de risco e pandemia , xa un contando certa idade, non só é unha necesidade persoal, senón tamén unha obriga social dicir o que un pensa. Non imos ben no mundo, en Marín, se o BNG que tachaba de "burjesía refén do capitalimso ianqui" os pequenos comerciantes e empresarios concordan na mesma visión. É admisible que os extremos se toquen, mesmo pode convir: máis non parece bo que se confundan, que se fusionen. Algo vai mal .

Repensémolas cousas, si é posíbel. E -sobre todo - sexamos honestos con nos e cos demais: a achega do BNG as preocupacións dos comerciantes é - segundo eles mesmos firman - unha aproximación táctica de "cara as vindeiras municipais". Será certo?