Máis sensibilidade e menos burocracia para a cultura

20 de agosto 2023
Actualizada: 18 de junio 2024

Leo con extoupor e aldraxe nos xornais que deixan sen local para o desenrolo das suas actividades culturales a unha institución moi anterga e asentada e con tanto arraigo na nosa cidade como e o Ateneo de Pontevedra, polos baremos que manexan dende a Xunta

Leo con extoupor e aldraxe nos xornais que deixan sen local para o desenrolo das suas actividades culturales a unha institución moi anterga e asentada e con tanto arraigo na nosa cidade como e o Ateneo de Pontevedra, polos baremos que manexan dende a Xunta. Como se a cultura se poidera medir por baremos e fosen uns ocupas veñen de ser expulsados por a teima que tiveron sempre de tratar de proporcionarnos a todos os cidadáns acceso a máis cultura e coñecemento sen animo de lucro, o que antes era censura agora e burocracia.

Hai moito tempo cando a cultura niste país era resistencia e compromiso eu militaba nunha asociación cultural xunto con outras poucas pioneiras na Galiza da defenda do noso idioma, a asociacion era Amigos da Cultura. Un día que tiñamos que realizar un acto que nos supoñía uns cartos que non tiñamos porque semellante ao que acontece agora todo se facía a base de voluntariado, acordamos pedir unha axuda ao goberno municipal daquela. Fumos ca proposta por escrito ao conselleiro ou conselleira, o xenero non importa ao igual co nome ou partido politico a que pertencía pois xa pasou moito tempo e millor esquezelo, nos dixo que estaba ben pero que llo tiñamos que escrito en cristiano para que se entendese. Quedamos alucinados e despois de barallalo tiñamos na asociación un profesor e pedimoslle que nolo traduxera ao latin. Tampouco lles serveu polo visto o cristiano era o castelán, quedamos sen cartos pois a teima principal da asociacion era a defensa do noso idioma.

Conto esta anecdota porque xa pasou moito tempo e se supoñía que as cousas referente a facer cultura sen animo de lucro melloraran, pero ninguén contaba cos baremos que niguén sabe que ten que ver con facer actividades culturais, presentar libros, dar conferencias exposicions, etc. En definitiva que facer unha cidade máis culta e que todos poidan acadar un pouco máis de sabedoria e coñecemento non poñendo atrancos a xente que de xeito altruista quere acercar a cultura a máis xente, para que sexamos unha cidade máis culta.

Pois imos ben, como di un amigo e iso que eiquí aínda non entrou Vox, será que non lles fai falla. Paréceme un agravio e algún tipo de venganza por algún político posto a dedo con decoñecemento do significado da cultura desta cidade. Agardamos que o aldraxe co Ateneo, que é de todos, se arranxe canto antes,  que alguen do goberno teña altura de miras e arranxe este despropósito de deixar unha asociacion das máis activas da cidade sen un local que ao final pagamos todos e que debería ser de todos non só das asociacions que lles son politicamente afins. Ninguén está en contra dos beremos para aceder a un local, pero pedimos máis sensibilidade e cultura nos nosos dirixentes politicos. GRAZAS