M-2023 (2)

26 de noviembre 2022
Actualizada: 18 de junio 2024

No mes de xuño o BNG presentaba a Lucía Santos como candidata da formación política á alcaldía de Marín para as vindeiras eleccións municipais e 4 meses despois fixo unha presentación das nove persoas que a acompañaran nos primeiros postos da lista. Aínda, a día de hoxe ningunha formación política local desenvolveu a termo os dous procesos

No mes de xuño o BNG presentaba a Lucía Santos como candidata da formación política á alcaldía de Marín para as vindeiras eleccións municipais e 4 meses despois fixo unha presentación das nove persoas que a acompañaran nos primeiros postos da lista. Aínda, a día de hoxe ningunha formación política local desenvolveu a termo os dous procesos. 

Non vou ser quen fale do que acontece dentro das organizacións políticas municipais de Marín, mais si creo que é loábel que o BNG chegara a estas alturas coa tarefa rematada.

Até onde coñezo a fronte nacionalista foi quen de tomar nota sobre o acontecido nas municipais do 2019, polo que realizou un traballo de tender pontes con colectivos e persoas afíns ideoloxicamente co obxectivo de unir esforzos e cicatrizar as feridas do pasado con autocrítica e humildade, mais tamén coas virtudes que as hai a moreas.

Todas estas circunstancias son síntomas endóxenos de que o BNG vai dando chanzos en positivo. Dicía Castelao: “Non poñades chatas á obra mentres non estea rematada, o que pense que vai mal que traballe nela, hai sitio para todos”. Para vencer hai que unir esforzos, e os postos máis próximos á candidata da lista amosan cambios interesantes para non caer en erros pretéritos.