Irei á marcha (segunda parte)

14 de junio 2019
Actualizada: 18 de junio 2024

ENCE precisa dun río caudaloso par se abastecer. ENCE precisa dun mar para diluír os seus efluentes hídricos. ENCE precisa dun porto ... É dicir, a praia de Pontevedra ten que se entregar a ENCE, co mesmo amor co que ENCE se une a praia de Pontevedra en Lourizán , en Lourizán, en Lourizáaan ...

(Segunda parte do artigo 'Irei á marcha')

ENCE non contamina.

Me encontré con un ciruelo, cargadito de manzanas ... Tra-la-rá

ENCE precisa dun río caudaloso par se abastecer. ENCE precisa dun mar para diluír os seus efluentes hídricos. ENCE precisa dun porto ... É dicir, a praia de Pontevedra ten que se entregar a ENCE, co mesmo amor co que ENCE se une a praia de Pontevedra en Lourizán , en Lourizán, en Lourizáaan ...

Por el mar corren las liebres ... tra-la-rá ...

Como insulto aos pontevedreses non está mal. É a forma metafórica de chamarnos cretinos, imbéciles, subnormais ... súcubos!

Non hai lugar para ENCE –di o comité de sabios- fóra de Lourizán. Nin divorcio nin separación: unidos ata a morte! Non a seduce a praia América de Vigo. Non a cativa a praia de Riazor da Coruña. E por que a de Lourizán si? Polo dereito de conquista? As armas vitoriosas de Franco derrotaron os sachos das mariscadoras! Ese é o dereito de ENCE, dereito de conquista! Dereito de ocupación! Vaia dereito de merda!

Pois en Lourizán, sabios, en Lourizán, tampouco. Oes, ENCE, acabouse! Recolle o macuto, repara o dano causado, arranxa as contas cos traballadores e vía. Tes que te ir. Lárgate Xa. E canto antes mellor.

Chiquillo no tires piedras, que no es mío el melonar ... Tra-la-rá

ENCE mantense na praia ocupada pola forza das armas, a pesar da resistencia da poboación, grazas ás falsidades coas que xustifica a súa presenza; grazas a filantropía coa que suborna algunhas institucións; Grazas á complicidade dalgúns responsables políticos; grazas ás portas xiratorias que comunican os consellos de ministros co consello de administración de ENCE; e grazas a violencia coa que os seus obreiros actúan contra a contestación cidadá. Os traballadores e máis os mercenarios achegados doutras empresas cómplices, forman a milicia de ENCE na rúa e, en vez de reivindicar os seus dereitos fronte a empresa, dirixen os seus combates contra os que a demandan.

ENCE non contamina:

Con el ruído de las nueces, salió el amo del peral ... Tra-la-rá

No paso pola factoría, a auga natural recibe a graza purificadora que a transforma en auga bendita. Os efluentes hídricos de ENCE, enriquecidos cos divinos nutrientes, engordan os mellores encefalópodos da vía láctea e transforman os areais en auténticos potosís, preñados de metais pesados e na superficie florecen as bandeiras azuis como as margaridas no maio. Os seus purísimos fumes ascenden inmaculados ao ceo, en olor de santidad, e todo aquel que teña a fortuna de catalos, queda aliviado das súas doenzas, sexa cal sexa o mal que o ataque.

ENCE nuestra de cada día, sin tus alivios, yo me moriría.

Tra-la-rá ... y cayeron abellanas ... tra-la-rá ... Tra la-rá

 

 

Quedarían no paro 5.100 familias.

Do monte, que nos quitou á fame coa que nos amenaza.

Me encontré con un ciruelo, cargadito de manzanas ... Tra-la-rá

Outra vaca no millo:

A nova modalidade de suxeito laboral, a familia.

  • Traen el libro de familia?

  • Escriba, señorita: reunidos de unha parte la familia Carballo y de la otra ENCESA ...

A familia aportará, polo menos, dous traballadores, non é? E terá, como media, entre crías, adultos e vellos, catro membros, non é? No consumo diario dos catro, ben se xeran outros dous postos de traballo, co que a suma de traballadores que por liña directa descendente ou espiral ascendente, xera ENCE vai a 20.000.

Anote señor Feijóo: se monta unha factoría de ENCE na praia América e outra na de Riazor, acaba co paro e coa emigración en Galicia.

ENCE crea paro. Todos os líderes do PP repiten, con voz grande, este retrouso: "Pontevedra é a cidade con máis paro de Galicia". A onde está o milagre de ENCE? Ula a dinamización de Pontevedra? Todos o sabemos. A Pontevedra ENCE arrebatoulle os dereitos de primoxenitura por un prato de lentellas. "Come lentallas, que non se sabe cando te volverás fartar". Non queremos lentellas, queremos a primoxenitura que a Nai Gea nos legou.

Ben o saben os líderes do PP, que parvos non son. " Non cabe a posibilidade de manter a ENCE na ría" –dixo Feijóo un día que lle tocaba cabelo negro e patillas grosas e prateadas-. El tiña "Vontade clara" de quitala da ría. Era unha "decisón persoal".

Pero ... Con el ruído de las nueces, salió el dueño de peral ... Tra-la-rá

E a don Lamberto, pasoulle como ao Santo Paulo, unha luciña do ceo tirouno da burra. "Siempre me gustó la palabra –afirmou, outro día de cabelo claro e patillas a xogo- Es el patrimonio más importante de la persona" ... Cómo transpira cinismo!. Que sospeitoso fedor a botrite! Canta canseira por anotar nome na lista dos persoaxes exemplares! A carón de don RANCISCO FANCO" Os la tragáis a cojones"; a carón de don MARIANO RAJOY, os la perpetúo por atrás; a carón de ISABEL TOCINO, de CARLOS DEL ÁLAMO, xirarei, xirarei e xirarei, e segue o listado.

Conta a parábola que había un mordomo corrupto, que cando estaba a pique de cesar na administración, para garantir o seu futuro opulento, non tivo ningún reparo en negociar cos acredores en contra do señor a quen servía. Aí está a xustificación bíblica das portas xiratorias, Sr. Feijoo, que llo explique o seu director espiritual.

Non hai razóns nin argumentos que xustifiquen a continuidade de ENCE. Motivos si: os beneficios da empresa, os postos de traballo dos empregados e os intereses electorais e xiratorios do PartidoPopular.

Agora que imos de marcha non contamos máis mentiras ... Tra-la-rá

ENCE, NON. PARO TAMPOUCO!

É unha idea consolidada e formalizada en varios proxectos, algún espectacular: a liberación da zona ocupada por ENCE propiciará o desenvolvemento duna actividade, integrada no medio, que xerará unha dinámica rica, sustentable e acordo co entorno. Pontevedra e Marín darán un salto cualitativo para se constituíren nunha urbe futurista.