Irei á marcha (primeira parte)

07 de junio 2019
Actualizada: 18 de junio 2024

ENCEb> transformou a paisaxe de Galicia nese enormeb> bosque industrialb> de monocultivo do eucalipto, que nos arruína e nos horroriza, para abastecerse de materia prima

Vamos a contar mentiras, tra-la-rá.

"ENCEé o motor do sector forestal de Galicia." ...

Y por el monte, las sardinas ... Tra-la-rá

O que sabemos todos. O que din os manuais:

Industrias de Enclave: instálanse en países subdesenvolvidose dependentes. Como Galicia do réxime franquista. Destinada a exportación do seu produto. O seu obxectivo non é obter os beneficios creando unha actividade económica integrada no medio xeográfico e social, senón en función das estratexias do capitalismo colonial, que non son outros máis que a explotación salvaxe dos recursos do medio, tomados como a súa materia prima e a contaminación bárbara do entorno.

ENCEtransformou a paisaxe de Galicia nese enormebosque industrial de monocultivo do eucalipto, que nos arruína e nos horroriza, para abastecerse de materia prima.

O seu proceso produtivo redúcese á fase de estragar o medioambiente: Controla o sector forestal e diríxeo na dirección única dos seus intereses. Fecha as vías do uso social e económico sustentable. Destrúe, por contaminación, un dos ecosistemas máis envexables do planeta.

O seu produto, a pasta de papel, expórtaa a países desenvolvidos, a onde se finaliza o proceso, co correspondente valor engadido e a súa incidencia positiva no mundo laboral, sen custes medioambientais.

Que nos deixa ENCE? No monte, as reliquias da mala vida pasada e as ameazas do lume infernal; no medioambiente, un enorme merdel de custosa eliminación; sociedade, paro, violencia, crispación e medo; na mente, un cretinismo pronto superable.

ENCE, vaite xa, larga de aquí! Deixanos que cada mañá, ao abrirmos a ventá, podamos respirar e vivir.

A proposta de ENCE: ou aceptades competir cos países do terceiro mundo, a onde a materia prima está regalada, a man de obra raia na escravitude e a lexislación é flexible segundo conveña a lei ou a trampa, ou nos marchamos para Latinoamérica. Escollede. Vós decidides. É unha proposta máis que razoable!

ENCE "es el actor principal en la promoción de una selvicultura moderna y gestión forestal sostenible" ...

Esa si que é roda de muíño! Tra-la-rá .. y por el monte, las sardinas ...

Así nos presentan a súa industria canibal e Xenocida: estraga a biosfera. Destrúe as condicións da vida. Iso chámase xenocidio.

Como as famosas cabras de Italia: devoraron o hábitat e morreron de fame.

Como o Grande Rei Midas, que pola graza dun encantamento mudaba en ouro todo canto tocaba: o aire, en ouro; a auga, en ouro; os alimentos, en ouro ... e morría sen remedio. Puido liberarse do feitizo e sobreviviu.

Chiquillo, no tires piedras ... Tra-la-rá

" O feche de ENCE vai ser a ruína do sector forestal e a causa da multiplicación dos incendios"

ENCE, ao abeiro xurídico-político dos gobernos autonómico e estatal, acadou o control do sector forestal. Co monocultivo do eucalipto destruíu as fragas, que caracterizaban a paisaxe de Galicia, a enchían de vida en toda a súa diversidade e encerraba grandes posibilidades de cara a un futuro diversificado: agropecuario, silvícola, industrial, turístico, de lecer ... que garantía o pan dos nosos fillos.

ENCE estragou todas esas posibilidades coa creación dun bosque industrial á súa medida e baixo a súa dirección, tanto na pescuda científica, como na expansión territorial e nos prezos do mercado. Esfolou a nosa paisaxe. Arrincoulle a pel a tiróns a nosa foresta. Creou un bosque de morte, un bosque asasino, que propicia eses lumes calcinadores.

Non falta a voz infalible do Comité de Expertos. Sempre está aí. Fala o oráculo e brilla a verdade. Nunca falla. Son científicos rigorosos, iso si, iluminados polos euros de ENCE. Persoas neutrais, iso si, contratadas por ENCE.

Vamos a contar mentiras ... tra-la-rá.

As súas conclusións son obxectivas. Concordan en número e caso cos Discursos de ENCE ao Pobo Galego: Planta eucaliptos nos eidos e pronto rico serás.