Historias, pseudohistorias e historietas: a prostitución da Historia

26 de noviembre 2023
Actualizada: 18 de junio 2024

O outro día, un compañeiro pasoume un enlace, nel decíame: mira a que se adican os historiadores? Era unha historiadora, con formación académica, que se adicaba a escribir libros de curiosidades históricas, libros que fan pasar un bo roto. Fai uns trinta anos gustábame este tipo de literatura, e xunta a lecturas un pouco máis elaboradas, tamén estaban aqueles anecdotarios. Hoxe en día cambiou a miña percepción deste tipo de literatura

O outro día, un compañeiro pasoume un enlace, nel decíame: mira a que se adican os historiadores? Era unha historiadora, con formación académica, que se adicaba a escribir libros de curiosidades históricas, libros que fan pasar un bo roto. Fai uns trinta anos gustábame este tipo de literatura, e xunta a lecturas un pouco máis elaboradas, tamén estaban aqueles anecdotarios. Hoxe en día cambiou a miña percepción deste tipo de literatura. De gustarme pasou a disgustarme, xa que non atopo nela auténticas reflexións valiosas para un historiador ou para o conxunto da sociedade. Os historiadores temos un papel na sociedade, ou iso quero crer, e non somos vulgares pasatempos ou creadores de obras de diversión para un público máis ou menos culto. Co tempo dinme de conta que este tipo de obras carece da profundidade da auténtica Historia, carece de reflexións de método de análise e de reflexións epistemolóxicas. Son os típicos anecdotarios de: sabías que na antiga Roma…?, ou, sabías que no antigo Exipto…?, destinados a arrincar ós lectores un sonoro Ohhh! e que xa teñan un motivo de conversa nos seus círculos de amizades e quedar como unha persoa cultivada. Ou motivos para votar unhas risas con excentricidades como que Felipe V. o primeiro Borbón que goberna en España, non se cambiaba nunca de camisa, e eu pregúntome: ese dato ten un valor histórico ou un valor para a sociedade?. Pero máis aló da intención de arrincar exclamacións ó lector ou risas, non hai nada máis. Ademais dos consabidos libros hai os lugares en Internet, blogs..., onde se poden ler todo ese tipo de curiosidades, e teñen bastantes máis seguidores que os historiadores serios que nos pasamos horas na bibliotecas queimándonos as pestañas.

Á experiencia confesoume co tempo que os datos destes anecdotarios tan sequera son certos, e que buscan o detalle curioso para mostralo ó público sen molestarse si no seu tempo era a norma ou unha rareza, pecando de vulgarización é de xeralizacións históricas que levan o gran público a que saque conclusións erradas do pasado, unha visión propia dunha caricatura, e non dun retrato real. As civilizacións que máis sufren este tipo de literatura de diversión (e distorsión) son os exipcios e os romanos, sobre todo debido a que os restos que nos deixaron fan que o público en xeral sinta unha especial atracción por eles. Os mesmos autores clásicos tamén caeron no anecdotario, non nos imos confundir, e nas obras Tácito, e sobre todo Suetonio, semellan as veces escritas por un divulgador que pretenda arrincar un sorriso ó lector polas extravagancias dos emperadores que nos comunican. Por non falar da auténtica caricatura que Petronio fai no seu segundo libro do Satiricón por medio dun persoaxe neste caso literario, o coñecido Trimalción. De seguir o pé da letra a Petronio para facer un retrato da sociedade romana, teríamos que coincidir con Asterix nixo de que "estes romanos están tolos".

A Historia non é un conxunto de anécdotas máis ou menos simpáticas, nen a procura do asombro do lector o comprobar canto nos separamos nas nosas prácticas dos habitantes das urbes da antigüidade. Sempre señalo o feito de que as nosas categorías e a dos nosos antergos son distintas, que non podemos valoralos polas nosas propias categorías, pero non quero que se confundan os lectores crendo que un historiador sempre debe buscar qué nos diferencia dos antergos, romanos ou exipcios, as veces é máis útil buscar qué nos une, sempre tendo presente que as categorías son dispares, moi dispares respectos as nosas. Incluso aspectos como o sabor e as papilas gustativas son en gran maneira distintas as nosas a dos nosos antergos: non seríamos incapaces de probar, moito menos disfutar, dun dos seus viños picantes, ou a coñecida salsa garum, tan aprezada no mundo romano e confeccionada por medio de magas de peixe maceradas (noxento!!).

A Historia pertence os historiadores?, non, a Historia pertence ás sociedades. Pero a persoa á cal a sociedade lle confía a laboura do estudio do pasado suponse que debe ter unha formación que lle permita usalas ferramentas de análise de xeito xustificado, e esa formación, mal ou ben, impártese nas facultades. Sempre denuncio que o campo da Historia é o que conta con máis intrusismo profesional, como senón existiran facultades de Historia. Entren vostedes nunha libraría e vexan os libros de Historia nos seus estantes. Gran parte deles están escritos por avogados. Eu non podo abrir un bufete, pero un avogado pode escribir un libro de Historia, e que llo publiquen. Eu son incapaz de que publiquen os meus, e créanme si lles digo que o intento, as veces ata renunciando ós dereitos de autor. Que haxa xente interesada pola Historia fóra do ámbeto dos formados académicamente para ser historiadores é sempre ben recibido, pero é chocante que un avogado poda publicar un libro de Historia e unha persoa formada como historiador non atope esa posibilidade.

Estamos en tempos de vulgarización en tódalas disciplinas e esa vulgarización ten dúas caras, a cara boa e a mala. A cara boa e amable, xa que sempre é ben recibido que a xente lle interese á disciplina á cal lle entregache-la vida. A cara mala é que esta vulgarización pode facer que a disciplina sexa distorsionada para facerse máis atractiva, o cal non deixa de ser unha prostitución de dita disciplina. Hoxe en día vivimos na cultura da inmediatez, onde non podes pedir a un non historiador que se lea a todo un Theodor Mommsen ou a un Kovaliov cando quere achegarse á antiga Roma, buscando un texto breve, un video de dez minutos en Youtube, e con iso crerse sobradamente informado para poder discutir cun historiador. É sorprendente a cantidade de veces que me pasa iso e teño que "discutir" de Historia ca típica persoa que acaba de ver un documental en "Canal Historia", totalmente efectistas e sensacionalistas onde unha serie de "especialistas" emiten unha serie de mensaxes breves como unha consigna acompañada da consabida música deste tipo de documentais que aportan misterio a algo que non o ten.

Sabedor de que esa divulgación ten a súa cara amable, quixera recomendar unha serie de obras, de non historiadores de formación, pero que son obras utilísimas para achegarse o pasado sen caer no mero anecdotismo. Obras como a serie de ensaios que Isaac Asimov adicou ás civilizacións da antigüidade ou a Historia de Roma e a Historia dos gregos de Indro Montanelli. O lector atópara nestas lecturas unha historia política, social e cultural destas civilizacións sen caer no sensacionalismo. Dame pena que autores que non foran historiadores de formación escriban mellores libros que eses historiadores que pululan en Internet e copan estantes das librarías. Un consello: non lles faga caso, as cousas non pasaron como llas conta. Teñen tanta veracidade como unha historieta de Mortadelo e Filemón, créame, si se tira pola fiestra dende un cuarto piso, o resultado vai ser algo máis grave que un chichón que na seguinte viñeta xa desapareceu. Se non cre na veracidade das historietas do xenial Ibáñez, non crea na veracidade desta pseudo-literatura histórica, xa que teñen o carácter de caricatura, no as crea, aínda que veña de xente formada académicamente coma historiador. A seriedade, senón se naceu con ela, non a presta a Universidade. A pesar de todo o dito, o certo é que como profesor as veces teño que soltar algunha destas anécdotas, sempre mo agradecen cuns risos.