Galicia sempre

09 de noviembre 2023
Actualizada: 18 de junio 2024

Estes días hai moitos temas importantes dos que falar, pero vanme permitir que toque un que nos toca moi de cerca no tempo e no espazo. Estou contenta cos derradeiros acontecementos políticos neste país. Refírome a España e por suposto a Galicia, Terra importante para os galegos e tamén para o resto das Comunidades Autónomas que compoñen un todo plural, pero tamén solidariospansans-serif";">

Estes días hai moitos temas importantes dos que falar, pero vanme permitir que toque un que nos toca moi de cerca no tempo e no espazo. Estou contenta cos derradeiros acontecementos políticos neste país. Refírome a España e por suposto a Galicia, Terra importante para os galegos e tamén para o resto das Comunidades Autónomas que compoñen un todo plural, pero tamén solidario, ou deberían se, porque formamos parte dun Estado, agora autonómico pola estrutura territorial que se recolle na Constitución de 1978, aprobada despois dunha "longa noite de pedra", como dicía Celso Emilio Ferreiro.";">

Estou moi satisfeita, como "madrileira", do acontecido no último Comité Federal do PSOE celebrado o 28 de outubro. Alí quedou ben patente que Galicia si importa a socialismo, e mostra disto foi que a primeira intervención dos representantes no máximo órgano entre congresos estivo a cargo de Xosé Ramón Gómez Besteiro, candidato a presidir a Xunta, e que está arroupado pola dirección do PSdeG-PSOE e a militancia e que están unidos e dispostos a traballar arreo, por suposto contando tamén coa xenerosidade dos que tamén podían optar a ese honor e non deron o paso ou ben renunciaron a presentar batalla. Escoiteino e lamentei que non o puideran escoitar socialistas como Ceferino Díaz, Francisco González Amadios (Panchulo), Xosé L. Rodríguez Pardo, Pepe Moas, que xunto con outros que viven e poden desfrutalo hoxe formaron un pequeno grupo e foron quen de poñer a Galicia en pe para conseguir ser escoitados por aqueles socialistas-jacobinos. Ese grupiño non quería de ningunha maneira que Galicia fose un etcétera cando se nomeaban as CC:AA históricas: Pais Vasco Catalunya, etc. E conseguírono contra vento e marea o Estatuto que hoxe temos. E no Poder Lexislativo tiveron que parar o reloxo do Congreso dos Deputados e rectificar o pacto que tiñan asinado Guerra e Abril Martorel. ","sans-serif";color:black">

Nesta aventura so PSdeG-PSOE e o PCG-PCE, hai que ser xustos, levaron a bandeira da Autonomía. E me pregunto e me atrevo a preguntarlles a vostedes: onde estaban os que hoxe gobernan Galicia e onde os que hoxe tratan de convencernos que todo o que se consigue para Galicia e gracias a eles? Onde?.","sans-serif";color:black">

Pois ben, por todo o vivido atrévome a pedir máis PSdeG, acompañados do PSOE, partido federal para que Galicia estea tratada no conxunto do Estado como necesita a súa cidadanía. ","sans-serif";color:black">

Sei que moitos cidadáns terán dúbidas do que politicamente presentou Pedro Sánchez no último Comité Federal do seu partido, que non é nin máis nin menos que chegar a cordos non so para ser o próximo Presidente de España, senón para formar un Goberno, (tal e como aconteceu co espírito Transición) que mire por todos os cidadáns e todos os territorios. Doume conta de que non todos os políticos de outros partidos, teimosa e teatralmente, e ao meu humilde parecer faltando á verdade, tratan de convencernos que se quere romper España, e levan dicindo xa hai tempo , tratando de meter medo e cheos de xenreira, dividen e fomentan odios entre españois, dividíndonos en bos, eles, e malos, os que non coinciden cos seus "principios" e que queren unha España á súa medida, non á que saíron das urnas nas derradeiras eleccións Xerais, e que a pesares de sacar máis votos non puideron pactar para obter a maioría de escanos no Congreso obter a maioría.","sans-serif";color:black">

Non estaría mal que lle deramos un repaso a Historia do noso País e veremos que houbo tempos en que existían as Españas e formabamos un Imperio, en tempos da monarquía dos Austrias, e que, despois, coa chegada do primeiro Borbón, Felipe V, cun modelo francés centralizador, fomos España, cun imperio xa minguado, con pactos con uns territorios e coa ocupación e sometemento de outros. Agora podemos solucionar este tema se todos somos conscientes do que significa unha España plural, diversa, rica, na que reine a convivencia entre todos os territorios e non en enfrontamentos que non conducen a nada e so sementan odio e rancor.","sans-serif";color:black">