Fondos buitre que actúan en base a beneficios e non a coidados

07 de junio 2020
Actualizada: 18 de junio 2024

Desde que Feijóo é presidente non se ten creado nin unha soa nova praza en ningunha residencia de xestión pública directa, priorizou un modelo privatizador que na actualidade supón o 77% das prazas en residencias, empresas maioritariamente multinacionais e fondos buitre que actúan en base a beneficios e non en base a coidados, priorizando o negocio (a mercantilización) sobre o dereito e todo isto co ollo consentidor da Xunta de Galicia

A actual crise sanitaria puxo en evidencia as consecuencias das políticas de austeridade e privatizadoras, no eido da sanidade e no dos coidados á terceira idade. Desde que Feijóo é presidente non se ten creado nin unha soa nova praza en ningunha residencia de xestión pública directa, priorizou un modelo privatizador que na actualidade supón o 77% das prazas en residencias, empresas maioritariamente multinacionais e fondos buitre que actúan en base a beneficios e non en base a coidados, priorizando o negocio (a mercantilización) sobre o dereito e todo isto co ollo consentidor da Xunta de Galicia.

Coa chegada do Covid-19 e a sabendas que as residencias poderían ser principais focos de contaxio , as residencias privadas actuaron con falta de previsión e de anticipación, non se molestaron en poñer os recursos dos que dispoñían para evitalo e o pouco persoal profesional co que contaban expúxeronse a pesar da falta de recursos e de equipos de protección adecuados. Esto confírmao datos como que aproximadamente o 45% das mortes en Galicia foron en residencias, e desa porcentaxe o 98% de mortes foron en residencias privatizadas.

Tampouco se pode decir que a Xunta non tiña datos pois é a responsable da inacción das inspección das residencias, xa que era coñecedora das denuncias continuas das persoas traballadoras e das asociacións de familiares que levaban mais de un ano denunciando situacións de precarización laboral, incumprimento das normas legalmente establecidas en canto a ratios de persoal, a insuficiente calidade na alimentación e noutros servizos.

E en épocas do Covid as denuncias de familiares sumouse as xestións feitas polo goberno municipal de Cangas, pero a Xunta de Galicia só interveu cando o propio centro recoñeceu as súas limitacións e carencias tanto en infraestruturas, material de illamento sanitario e pandémico, métodos de detección e persoal de servizo. Tras semanas denunciando as familias por carecer de transparencia e información adecuada sobre os seus seres queridos e con presións consiguese a intervención da Brilat e o resultado foi que de 150 usuarios da Residencia 105 deron positivo e entre 18-20 profesionais e a intervención do Sergas con persoal.

Agora xa case tres meses de pandemia o Sergas comunica que abandona a Residencia de Aldán, residencia que queren voltar a unha normalidade que se salda oficiosamente con 26 persoas falecidas (según a Xunta), pero os residentes atópanse con 40 compañeiros/as menos dos cales 3 sabemos que as súas familias levaron para as suas casas pero descoñecemos o futuro de 37 usuarios, e o servizo queda sen as auxiliares contratadas polo Sergas e con 4 enfermeir@s mentras que o Sergas tiña 7, e no momento que o Sergas abandone de todo dita residencia desaparecerán os 5 médicos actuais. Que ocorrerá cando marchen?

Se queremos xustiza social e defender, como sociedade civilizada, o dereito universal a ter unha vida digna e para min tamén unha morte digna deberíase instruír as ordes oportunas para investigar si na residencia se vulneraron os dereitos das persoas residentes, os seus familiares e do persoal que traballa nela; e se hai indicios de infraccións ou delitos.

A mellor forma de que a nosa sociedade teña confianza nas súas institucións é a transparencia, as súas investigacións nos poden aprender a afrontar unha nova posible pandemia no futuro e conseguir unha adecuación dos medios, recursos humanos e de instalacións, que impida que situacións como a que estamos a vivir, golpee á poboación en xeral e a máis vulnerable en particular, con tanta forza. 

A todas e todos os que esta pandemia apartou dos seus seres queridos.