Eu ou nós?

03 de agosto 2021
Actualizada: 18 de junio 2024

Voto de menos que o ideador e os actores do eu e o corazón non tiveran conta do conxunto dos e das que ian estar con eles.

É a primeira persoa do singular,eu, antepoñendose case sempre – mais que complementando - o "nós".

A primeira, eu, é un falar de min, do camiño que recorro cada día. Do que sinto, do que me xunta ou afastame dos demaís, "os outros". É un singular, un ser só, un "raro" ou unha intima vivencia. A segunda, o nos, é un falar de xuntos, doutros e tamen de min mesmo .

Para os galegos, para moitos galegos "Nós" é inseparabel dunha conciencia nacional. Dun Castelao que en todos pensa e a todas retrata. Dun Castelao que fala e pensa noutros, que fala e pensa nel. Dun Castelao que fala e pensa en plural. Que fala e pensa en Nós.

É a verba -Eu - que panela a fotonoticia publicada o pasado 2 de agosto no xornal dixital "Pontevedra Viva" sobre as accións dos e das veciñanza de Seixo . Ó seu carón, con tanta ou mais forza visual, aparece un corazón ben grande, vermello. Nidia parece a mensaxe: "Eu amo.." ou "Eu quero....".

Como en centos de ocasións tentase un forte imparcto visual con curta mensaxe na escrita e con fondo símbolismo no grafismo: a primeira persoa do "singular",eu, e un corazón que – non pode ser doutro xeito – e o meu, o de cada un e unha dos que levantan o ceo - parecendo implorar unha miragre - o verro da súa rabia, do noxo, da afrenta e a discriminación, do "casi insulto".

Voto de menos que o ideador e os actores do eu e o corazón non tiveran conta do conxunto dos e das que ian estar con eles. Sempre acontece así: sona a un grito egoísta, individualista, interesado porque "nesta tocoume a mín". Reflicte o subxacente: "Safate tí que EU xa me safín"...

Xuntos, maís no misturados, revoltos maís non ligados, é a cantinela de sempre: miro do meu mentras ti miras do teu.

¿Quen esqueceu o colectivo? ¿A unidade? ¿A ou as parroquias?. ¿Quén esqueceu o "man común" tan propio do noso país e ainda mais natural nas parroquias do rural?. 

Mal camiño leva a reclamación, a esixencia; cando diante do colectivo, do nos, vai o individual, o eu.

¿Qué pronome acaille mellor o Partido que Governa a nosa sanidade?: o EU ou o NÓS. 

Xa o debuxaba Castelao na lámina entitulada "Franqueza": "Pois xa que o sabes voucho a decir".

Dito queda.

Jesús Martínez Epifanio