¿Esquenceuse o Concello de Marín de que existe a parroquia de Mogor?

09 de agosto 2019
Actualizada: 18 de junio 2024

O Concello de Marín parece ter esquencido que existe unha parroquia anexa ao centro urbano da cidade con preto de 1.000 habitantes que se incrementan considerablemente no verán, e que leva o nome de San Xurxo de Mogor.

O Concello de Marín parece ter esquencido que existe unha parroquia anexa ao centro urbano da cidade con preto de 1.000 habitantes que se incrementan considerablemente no verán, e que leva o nome de San Xurxo de Mogor.

Por esta parroquia, atrevesada pola Avenida Aviador Calviño, hai meses que non pasa unha máquina barredora. Ben é certo que de facelo sería totalmente inoperativa porque as herbas que medran nos bordes das beirarrúas son tan altas que lle impedirían facer a súa función.

Os veciños e veciñas temos que botar man de fouciñas, basoiras se non queremos tropezar coas herbas cada vez que saímos e entramos das nosas portas.

Camiñar por esta avenida resulta unha carreira de obstáculos, ademais dun perigo porque nos tramos estreitos vémonos obrigados a baixar ao asfalto. Xa non digo se imos acompañando a persoas con dificultades para moverse.

Aínda que os que están no Concello non o crean en Mogor tamén temos turistas, e ademais diso temos vergonza, por iso os veciños botan man de máquinas desbrozadoras para rozar os camiños e así impedir que os visitantes non raien os coches coas silvas, cansos de chamar ao Concello sen recibir resposta.

Non sei se este esquecemento ten que ver coa maioría absolutísima, ou se con tanta festa aos concelleiros e concelleiras non lles queda tempo para ocuparse de nós. O certo é que Mogor da pena.

Asinado,

Pilar Blanco López

Responsable de “Ser de Marín”