Equidistancia obscena?

29 de mayo 2022

Non fai falla citar ningún medio de comunicación para que o lector caia na conta da temática desta reflexión: o gravísimo problema de violencia social que estase a producir nos barrios do Cantodarea e Estribela.

Medios escritos, blogues, webs e medios audiovisuaís situaron e sitúan na sua escaleta ou programación noticias sobre o que ali aconteceu e acontece.
Un amplo grupo de veciñas e veciños "dan a cara" e manifestan publicamente ó seu rexeitamento ó acoso e violencia física e verbal que mozos, homes, mulleres … persoas maiores sofren dende hai uns meses pola acción dun grupo de persoas que – tildados de xeito conformista- por moitos como "veciños" quebrantaron un día sí e outra tamén a convivencia ata chegar – e doe recoñocelo – a infiltrar o medo , o temor e mesmo o pánico en moitos veciños e veciñas.  Nomeadamente o primeiro grupo citado, os mozos, e o derradeiro, as persoas maiores que – en moitas ocasións – prefiren circunvalar as rúas "okupadas" por este colectivo heteroxeneo de persoas. Non é un problema de ocupación o uso, dunha casa, unha leira ou un piso ocupado. 

E un problema de "ocupación violenta" dun espazo público, das rúas, do transito e da convivencia colectiva. E un problema da ocupación e secuestro dos dereitos colectivos e individuaís das persoas, dos veciños, dos transeuntes.

É necesario por en destaque un apuntamento: a "heteroxeneidade" dos agresores e agresoras que un día son 6 , outro 9, no seguinte outros 6 diferentes dos primeiros, e asi sucesivamente. Un grupo que fai da movilidade , do "intercambio" de persoas unha ferramenta para o acoso, para o medo colectivo agochandose na ocultación e na dificultade de filación e localización para someter os veciños a unha inquietude opresiva.

Algúns falan de que eses individuos, esa manada que esta de caza e acoso permanente, non só nas proximidades do seu domicilio senon en calquera punto do barrio: no recheo, na rúa Marqués de Valterra, no Pitanxo... teñen dereitos. Por descontado, quen o discute, quen o nega ... os agresores, non os agredidos.

Neste punto xurde a intervención pública despois dunha mais que reiterada e clamorosa dinámica social e, neste mesmo punto, xurde o enfoque positivista, aberto e progresista: a mediación como vaciña.

Faise , de forma insultante , dende a equidistancia; minimizando e simplificando o conflicto. Non se quere ver que mais amplo que unha, duas ou tres denuncias cruzadas. Resolverán os xulgados mais, sabemos, que sin a intervención dalgúnhas testemuñas que , como non podía ser doutra banda, teñen MEDO, PÁNICO  a declarar nun xuizo de faltas ou doutro tipo contra persoas que lles fan tremelas pernas e agachala cabeza cando con elas se cruzan.

As autoridades, Alcaldía, Delegado Seguridad Cidadán, reponsables da Policia Local chegan tarde, mal e a rastro: din que hai que "mediar". Agora? Cando o pánico esta incrustado na cidadania.

Non entenderon nada estas autoridades cegas que neganse a ver que moitas persoas e un amplo colectivo de xente que vive nesta situación non son só "una ou dos denuncias cruzadas". Son a xente que lle da forma e sustancia a un espacio colectivo como son os barrios do Cantodarea e Estribela.

Compre operala míopia política. Seica a outra, a dos ollos, xa hai tempo que se fai.