Foi na praza de touros. Bo lugar para as pullas. Para o "gato por lebre".
O selo de calidade NORDIC SWANconcédese ao produto. Esa é a lebre.Non o proceso produtivo. Ese é o gato.
Que a pasta (o produto), que ENCE exporta polo porto de Marín, teña o selo de NORDIC SWAN, non está en cuestión nin deixa de estalo: non nos vai nin nos vén.
O que está en cuestión é o proceso produtivo de ENCE(o bosque industrial e a factoría). Ese é o gato que nos queren meter por lebre. Claro, "loitaremos – din - con todas as armas". Meter gato por lebre tamén vale como arma de batalla. Todas as guerras son sucias.
Mirádea ben: ENCE na praza. ENCE o touro, ferido de morte, ofrece o derradeiro espectáculopara inxectar ardor bélico ás súas milicias, que se conxuran a loitar ata o final! Ata o final! Que mal soa. Tamén para cobrar os réditos da súa filantropía(cando che dan de papar é que xa te amolaron ou te van amolar). Non esquecemos aquilo de Roma non paga traidores; E taménpara impartir doutrina aos seus apóstolos do partido popular: Ide por todos os foros. Sodes os catequistas de ENCE. Predicade os seus prodixios, con ocasión e sen ela. Perderes as eleccións, polos séculos dos séculos!
Nin o mesmo don Ramón del Valle Inclán alcanzou a ver, no seu espello cóncavo, espectáculo tan grotesco: o Presidente da Federación Provincial de Confrarías lambéndolle o cu a ENCE!
Que certificado lle hai que dar as nosas fragas, vestidas co uniforme de ENCE?Cal, aos nosos bosques, mudados en materia prima de ENCE? Cal, a pel do noso territorio esfolado por ENCE?
O lugar a onde ENCE se instalou (Lourizán, Lourido, Os placeres) mudou nunha regalía para os sentidos: Rajoy e Feijóo do sol do verán na illa de Tambo, báñanse na praia de Lourizán e pescando na Ponte da Barca e paseando entre Pontevedraa e Marín? Madía leva a que se marabillen de ENCE! E como non se ían marabillar!
A atmosfera que cae baixo a influencia de ENCE é xasmín de abril.
E os areais que reciben as augas de ENCE ... o ouro no crisol!
O gato, guisado, pode pasar por lebre para comensais do presebe de ENCE.
Para os que non participamos dos seus guisos, o gato é gato e a lebre é lebre. E punto!