O 25 de decembro non naceu ningún Masiaj (Mesías), pero sí queda claro que nesa data, na antiga Roma tiñan lugar unha serie de celebracións pagás que logo, tardíamente, foron cristianizadas. A nosas celebracións navideñas, non terían unha orixe na celebración do nacemento dun Masiaj, senón nos cultos agrarios que celebraban o solsticio de inverno, o fin do período progresivo oscurecemento dos días e o regreso da luz (renacer).
En Roma celebrábanse as Saturnalia durante sete días entre o 17 e o 23 de decembro, unha vez finalizados os traballos do campo e trala conclusión da sembra. Nesas Saturnalia, as casas eran decoradas con prantas e se acendían velas, os amigos e familiares facíanse agasallos e eran días de bulliciosas diversións, banquetes e intercambio de presentes. A alguén lle soa toda iso?. Durante estas festas había unha inversión de valores e os escravos comportábanse como amos.
A fixación do día 25 de decembro non estivo presente dende o principio polas comunidades cristiás, e antes de fixarse tal día, o serían o 6 de xaneiro, o 25 de marzo, 28 de marzo, 19 de abril, e 20 de maio antes de fixarse o 25 de decembro. O apoloxista Arnobio (255-327), ríase dos intentos dos pagáns por fixa-la data de nacemento dos seus deuses, pero os cristiáns farían o mesmo como di Clemente de Alexandría (150-215/17).
O 25 de decembro como día do natalicio de Xesús, é recoñecido tardíamente no primeiro cuarto do século IV, pero xa fora proposto anteriormente a inicios do século III por Hipólito (c.1710-c.236), momento no cal Clemente de Alexandría (150-215/17) aínda pensaba que o natalicio tería lugar no 19 de abril. En canto á elección da hora, ten un carácter simbólico, xa que a noite é o momento propicio para a revelación dos misterios.
Pero nesas datas, non so tería lugar as Saturnalia, na noite entre o 24 ó 25 de decembro, celebrábase o despertar do fenicio Melkart. A partir de Aureliano (emperador entre o 270 e o 275), cara o 274 elévase o culto solar do Sol Victorioso a deus protector, establecéndose a festividade do Dies Natalis Solis Invictino 25 de decembro. No século IV decídese concretar esta última data o coincidir co das Mitraicas (Mitra nacera o 25 de decembro) debido o éxito da relixión do Sol Invictus e despois da súa identificación con Xesús, sobre todo A partir do papa Liberio (s.IV) apoiado por Constancio II (337-361). No Liber pontificalis habería unha mención de que o Nadal iniciaríase en Roma entre o 127 e o 136 polo papa Telesforo (papa entre o 125 e o 137), pero a primera celebración do 25 de decembro da cal hai constancia atópase na Depositio martyrum filocaliana do 354.
Concretando, a elección do 25 de decembro non se produce ata o século IV, entre o 352-366 polo papa Liberio (352-366), de este xeito cristianízase o extendido culto ó Sol Invictus. Se os primeiros cristiáns, e o mesmo Xesús, celebraban algunha festa por estas datas, sería Hanukkah, tendemos a esquecer que os apóstoles e os propio Xesús eran xudeus.