É hora de agradecer o seu labor aos coidadores, ás e os traballadores de Axuda no Fogar

15 de abril 2020
Actualizada: 18 de junio 2024

A nosa sociedade actual ten moitos retos aos que debemos e deberemos enfrontarnos, levo anos denunciando e informando que un de esos retos é o envellecemento da poboación que conleva a dependencia é a de cada vez mais imposibilidade por parte das familias de darlle unha solución digna a esta situación entre: estar ben coidados e a sensación de deixalos abandonados.

A nosa sociedade actual ten moitos retos aos que debemos e deberemos enfrontarnos, levo anos denunciando e informando que un de esos retos é o envellecemento da poboación que conleva a dependencia é a de cada vez mais imposibilidade por parte das familias de darlle unha solución digna a esta situación entre: estar ben coidados e a sensación de deixalos abandonados.

E esto que pode considerarse un problema resolve outro dos grandes retos e problemas actuais que é a precarización do mercado laboral e as altas tasas de desemprego.

Si unimos ambos problemas podíamos atopar a gran solución, UN BENESTAR SOCIAL DE COIDADOS, unha política social e non unha política capital.

Hoxe, en medio de unha pandemia, que algún día espero se demostre de onde saiu, atopámonos con que xustamente esa xente a que precarizamos, despedimos, fixemos traballar en negro é a única que nos pode coidar e salvar as nosas vidas. 

En ese momento a poboación a que se lle está a dar permiso para poder actuar é a que se atopa no edio sanitario; médic@s, enfermeir@s, farmaceutic@s, ambulancias o persoal de seguridade: Garda Civil, Policia Local , Protección Civil, o sector de alimentación e aquel sector da poboación que sempre foi invisible, precarizado, feminizado e incluso moitísimas veces ridiculizado que son limpadoras e coidadoras, e o poño en feminino pois son maioritariamente mulleres as cales en ningun momento este sistema capitalista foi capaz de fixarse en elas, e recoñecerlles a gran labor que están a levar a cabo.

A ese sector, ao sector de Axuda no Fogar é o que hoxe quero AGRADECER a labor que están a desempeñar en este momento de crise sanitaria, a atención e dedicación persoal mais alá incluso das obligacións profesionais que prestan as familias que se benefician de este servizo, son profesionais que se están involucrando día a día coas familias que convoven coa dependencia, que dar ratiños de charla e cariños a aqueles que están solos e solas, que aportan un respiro a esas familias que diariamente coidan a un ser querido que xa non os recorda, a esas traballadoras e traballadores que en estos días tan complicados teñen que deixar as súas familias e acudir a axudar a outras familias, co medo de estar traballando coa poboación mais vulnerable de poder contraer un virus que poden trasmitir non só as persoas que coidan senón tamén as suas familias, a eles hoxe, tras xa unhas semanas moi duras e de decisións moi difíciles quero darlles as GRAZAS, e con eles tamén as/os profesionais de Servizos Sociais, que sei que están sendo días duros pero sodes grandes profesionionais e que as decisións non son fáciles de tomar pero son a nosa responsabilidade, e somos responsables.