Días de libros: o meu, e unha obra clásica pero incómoda

23 de febrero 2025
Actualizada: 28 de febrero

Hai nada, Hai uns días, o vicepresidente do recentemente elixido Donald Trump, J. D. Vance, en München, na Conferencia de Seguridade, dicía algo igualmente incómodo: que o inimigo non estaba fóra, estaba dentro

Hai unhas semanas, no Museo de Pontevedra, din presentado o meu libro sobre o exército romano, unha obra froito de anos de investigación (compaxinando con outras investigacións), de leituras de libros e artigos en todos os idiomas posibles, búsquedas de inscricións, cotexado de citas en Tácito, Suetonio, Livio, Flavio Xosefo, un gran traballo… creo. É un pracer ver por fin nas librarías o produto de tanto esforzo.

Pero este pasado xoves, día 20, saíu á venda unha nova edición dunha obra clásica e monumental, a Historia das Cruzadas de Steven Runciman. Unha obra orixinalmente publicada en tres tomos entre os anos 1951 e 1954, e que por suposto ten un valor máis importante que a miña sobre o exército romano. Esta obra, no formato de tres tomos, estivera a lendo eu nos exemplares da Biblioteca Antonio Odriozola de Pontevedra, pero dun día para outro, foron expurgados xunta outros fondos e desapareceu. Preguntei na biblioteca a razón de que unha obra de tal importancia desaparecera, e respostáronme que non son unha "biblioteca temática". Contestación non carente de razón, xa que sería inviable, por motivos de espacio, que tiveran todas as obras interesantes de todas as disciplinas. Pero mentres expurgaban esta obra dun gran medievalista, entraban a formar parte dos seus fondos obras carentes de tal valor, novelas baratas e obras sen valor científico nin literario.

A obra de Runciman, considerada a mellor historia sobre as Cruzadas, como sinala Christopher Tyerman, catedrático de Historia Medieval, é unha obra crucial neste intre; pero tamén incómoda para as novas ideoloxías de "alianza de civilizacións", que como guión dunha película é moi bonito, pero que non deixa de ser iso, unha película. É incómodo lembrar o enfrontamento entre cristiáns e musulmáns no contexto da posesión dos Santos Lugares. Hai nada, Hai uns días, o vicepresidente do recentemente elixido Donald Trump, J. D. Vance, en München, na Conferencia de Seguridade, dicía algo igualmente incómodo: que o inimigo non estaba fóra, estaba dentro. Algo que non gustou a Olaf Scholz, sobre todo debido a que un día antes houbera un atentado terrorista islámico na propia München. Tanto a Christlich Demokratische Union Deutschlands (democristiáns) como a Sozialdemokratische Partei Deutschlands (socialdemócratas) temen o ascenso electoral de Alternative für Deutschland (extrema dereita) nas eleccións en Alemaña do día 23; ascenso que pode ser alimentado por este tipo de atentados. Xa durante o pasado Nadal, houbera un atentado contra un mercadillo navideño en Magdeburg; temendo un ascenso da ultradereita, comunicaron que o atentado fora obra dun simpatizante de Alternative für Deutschland e anti-islamista, algo curioso, xa que unha persoa dese perfil atentaría contra outro sitio, non contra un mercadillo navideño.

Eu non fomento ningún tipo de atentado nin de odio, pero a pesares de ser máis "roxo que Lenin", creo que J. D. Vance algunha razón ten. De feito, aquela mesma tarde, na austríaca Villach (Carintia), de novo un energúmeno, neste caso un cidadán sirio, feriu a unha serie de xente e matou a un neno de 14 anos. Está claro que o inimigo está dentro, algo que os democristiáns e os socialdemócratas europeos non saben, ou non queren, apreciar; de feito, ambos son os responsables desta inseguridade dentro de Europa. Ambos partidos, sobre todo en Europa, cada día semellan un único partido separados por matices cada vez máis inapreciables.

Hai uns anos, xa sacaran unha edición da obra de Steven Runciman nun só volume, xusto cando sacaban a historia das cruzadas de Christopher Tyerman. Puiden mercar daquela a obra de Runciman, pero finalmente mercara a de Christopher Tyerman, optando por unha obra nova fronte a unha clásica. O ano pasado, cando comecei a ler esta obra, xa nas primeiras páxinas, admite o autor que non pretende superar a Runciman, recoñecendo que era a mellor obra sobre as Cruzadas que fora publicada. Entón dinme de conta que daquela debín mercar a Runciman, pero a obra xa estaba descatalogada e estaba á venda a elevados prezos. Debo dicir que a obra de Christopher Tyerman é igualmente excelente. Por certo, está na Biblioteca Pública Antonio Odriozola de Pontevedra, non foi expurgada.

Agardo a calidade desta nova edición, que non teña nin adicións, nin "correccións", nin omisións. Lembro como noutros países, afortunadamente non en España, como a obra do autor de obras de literatura xuvenil Roald Dahl fora "correxida", omitindo expresións que hoxe considéranse ofensivas. Este intento de "correxir" obras literarias ou históricas paréceme propio da distopía orwelliana, na cal, "polo burato da memoria", eran arroxados os papeis que tiñan que ser eliminados. En 1984, de Orwell, no "Ministerio da Verdade", onde traballa Winston, o protagonista, "Diariamente e case por minuto por minuto, o pasado era posto ó día", reescribindo libros e revistas para que o "Gran Hermano" saíse sempre ben parado e que acertara nas súas "prediccións". Por certo, George Orwell e Steven Runciman eran amigos, e ambos foran discípulos de Aldous Huxley.

Hai unha pseudo-historiografía que pretende reescribir a Historia en función de ideoloxías actuais, cometendo graves presentismos. Esta pseudo-historiografía mantén que a Historia non é estática, senón que é reinterpretada de xeito permanente, idea coa cal estou bastante disconforme. Os sucesos no pasado aconteceron dun único xeito, e o historiador, non o panfletista, debe avaliar as fontes para chegar a como foi, e por qué, non debe forzar e meter a calzador as súas ideas preconcebidas e querer ver no pasado a súa propia ideoloxía e a súa xustificación. Unha vez que sabemos qué pasou e por qué, e xa non temos dúbidas de que foi así, non hai que darlle máis voltas… convértese en paradigma. E se non hai razóns para seguir "reinterpretando" o pasado, razóns cimentadas en novos documentos e evidencias (non en novas ideoloxías), é innecesaria toda reinterpretación. Non se pode reinterpretar o pasado por cada esnobismo que xurda, buscando as súas razóns de existencia a séculos de distancia.

Agardo, pois, que Runciman non fora "reescrito" nun idílico panorama de cristiáns e musulmáns dándose bicos en troques de mandoblazos, para que todo encaixe con esa "alianza de civilizacións". Ese mesmo xoves acudín a unha librería para pedir o meu exemplar da Historia das Cruzadas de Steven Runciman. Na angustia vital que me toca vivir, e arrastrando problemas de saúde que para o SERGAS non existen, ler este tipo de obras, clásicas e magnas, eruditas e dun evidente valor literario, é un exercicio de búsqueda de pracer estético e manterse a flote cando toda Europa afúndese perdida en ideoloxías posmodernas.