Concienciación a tempo parcial

30 de marzo 2024
Actualizada: 18 de junio

Comentábame esta mesma semana un bo amigo, fondamente comprometido e concienciado na loita contra a violencia de xénero, a súa estrañeza polo silencio de certos sectores do "feminismo", que non do feminismo, ollo, que non teñen nada que ver! ante a saída do cárcere, en liberdade provisional tras pagar unha millonaria fianza, de Dani Alves, acusado, como sabemos, de violación e condenado a 4 anos de prisiónbdejavu>bdejavu>bdejavu>

Comentábame esta mesma semana un bo amigo, fondamente comprometido e concienciado na loita contra a violencia de xénero, a súa estrañeza polo silencio de certos sectores do "feminismo", que non do feminismo, ollo, que non teñen nada que ver!, ante a saída do cárcere, en liberdade provisional tras pagar unha millonaria fianza, de Dani Alves, acusado, como sabemos, de violación e condenado a 4 anos de prisión.

 

Lóxico, ata certo punto, que lle sorprenda, porque el exerceu sempre esa loita desde outro ámbito, e dese, cremos que erradamente denominado "activismo", xa que, o mesmo que sucede co "feminismo", nada ten que ver co auténtico, non coñece mais que a superficie, pero a explicación é doada, moi doada, e a pouco que teñas a desgracia, porque é unha desgraza, de topar coas que din representalo, a realidade, a pouco que se observe, pronto sae a luz.

 

A auténtica esencia dese "activismo feminista", a súa auténtica "implicación" e a súa "concienciación" coas vítimas de violencia de xénero, ou de agresións sexuais, dura o mesmo que un caramelo na porta dun colexio, e eso cando se trata das que teñen sona mediática ou daquelas cuxos casos lles poden aportar rendemento, sexa da clase que sexa, porque das anónimas xa mellor nin falamos, vistas e non vistas, e eso no mellor dos casos, porque algunhas xa, de feito a maioría, directamente, nin existen para elas.

 

Cando o caso ten sona nos medios de comunicación, rapidamente sacan as pancartas e os carteis dos caixóns onde os gardan para as "datas D", e saen á rúa a facer moito ruído, a berrar pedindo xustiza, e arremetendo contra eses xuíces aos que elas, a vista está, superan con creces á hora de aplicala, faltaría mais!

 

Sen esquecer, por suposto, as redes sociais, nas que durante uns días, nos bombardean mañá, tarde e noite co mesmo tema, falando moito de sororidade, de unión, e poñendo a parir, con perdón da expresión, as que non nos unimos ao seu mantra, porque non esquezamos que elas son auténticas autoridades en materia de "feminismo", sendo as encargadas de decidir quen, no seu xuízo, o é, e quen non.

 

O caso de Dani Alves, por remitirnos tan só aos mais recentes, porque a lista é algo máis que ampla, non foi, nin está a ser, unha excepción, e, independentemente de cal sexa a sentenza definitiva, e o que acontecera de verdade, que nos, obviamente, descoñecemos máis alá do que recollen os medios de comunicación, semellaba que todas elas estiveron coa parella dentro dese baño, vivindo cada segundo da presunta violación.

 

Proliferaron,coma sempre, as concentracións, os "Irmán, eu si te creo!", "Non estás soa!", "Se tocan a unha, tócannos a todas!".....canto?, 3, 4 días?, unha semana como moito?

Despois, o esquecemento.

 

Tras ela, foi a quenda de Jenni Hermoso, e o controvertido bico.

De novo as masas se alporizaron, mentres ela, vítima ou non, non desaproveitou a ocasión de sacarlle partido, guste ou non guste recoñecelo, o cal non quere dicir que estivera ben, pero o feito certo é que, por moi aldraxada que se sentira, soubo rendibilizalo e facer caixa, máis aínda así, tampouco se librou de pasar a formar parte das esquecidas aos poucos días.

 

Agora está a ter un rexurdir, pola petición de prisión para o seu presunto agresor, pero supoñemos que non será tan ilusa como para supoñer que este renacemento mediático vai ser menos efémero que o anterior, malia que seguro que sabe aproveitalo ben. Diso non temos ningunha dúbida.

 

Sen esquecer, por suposto, no medio, a famosa alzada de camiseta de Amaral, para ensinarnos as tetas, nos os peitos, ollo, que hai que ter coidado co que se di, que tanto fixo polo feminismo, seica, pero que non correu mellor sorte que as súas antecesoras.

Vaia, que se arriscou a coller un catarro ao tonto!

 

Hai, que ter en conta ademais, lle expliquei ao meu amigo, as datas nas que estamos, porque unha gran maioría destas "activistas" que se declaran antisistema e ateas, viven tan ricamente dese sistema que deostan, de boca para fóra e cun ton cada vez mais baixiño, polo que poida ser, e respectan "relixiosamente"... que cousas!, as vacacións de Semana Santa, mesmo aquelas que acadaron un cargo, grazas a súa "concienciación" e a ser "antisistema", e cuxa obriga sería participar en certos actos, cousa que non fan, din que por coherencia, pero polos que cobran igualmente, que tampouco hai que levar a coherencia demasiado lonxe, e menos aínda cando toca aos petos, ou a outros eidos que comprometan ou poidan implicar un risco, por pequeno que este sexa, para a súa privilexiada, e, nalgúns casos, nova, posición, pero que, con todo, non dubidan en eludila cando lles interesa, como a hemeroteca deixa ben patente.

 

Sexa como sexa, a cuestión é que non van a interromper as súas vacacións, nin moito menos prescindir delas, para clamar xustiza.

Eso era antes, cando ían de "progres" e de transgresoras pola vida.

Agora xogan noutra división, e hai molestias que non se van volver tomar. Xa non precisan finxir.

 

Xa, se iso, cando volvan, se non hai nada a vista que lles interese máis, ou algún evento deses que tanto as motivan agora e que antes condenaban sen paliativos, irán vendo.

 

O máis lamentable de todo, o que non ten perdón, é a nula sensibilidade que amosan ante mulleres que foron, que están a ser, vítimas de auténticas atrocidades.

Ante tantas familias desfeitas, rotas, por mor da violencia machista, que viron coma a súa filla, súa irmá, ou súa nai eran salvaxemente agredidas, ou, o que é aínda peor, asasinadas, mesmo tendo algunhas delas ordes de afastamento ou de protección, e que se viron totalmente desprotexidas.

Ante os cada vez máis nenos e nenas orfos de nai, e ante as vidas daqueles que a violencia vicaria segou do xeito máis inhumano, pero que non dubidan en utilizar cando lles interesa.

 

Tampouco ao auténtico feminismo nin as verdadeiras activistas que, por suposto, existen, lles fan ningún favor, porque, lamentablemente, son moitos os que non as diferencian, e acaban por identificar a quen está a traballar de corazón con quen non ten escrúpulos, e son pura pantalla, e, o que é peor, suscitan uns xuízos paralelos que a ninguén benefician, sendo, obviamente, as vítimas as principais prexudicadas.

 

Esa é, nin máis nin menos, como lle aclarei ao meu amigo, a explicación ao seu silencio, un silencio tan hipócrita, como hipócrita é a súa pose reivindicativa cando cren que lles beneficia adoptala.

 

A súa concienciación é como a situación laboral de moitas mulleres as que din defender: a tempo parcial, e precaria, moi precaria.

 

Nunha única palabra: Mentira.

 

Asociación Si, hai saída