Como se fosen alimañas

14 de octubre 2023
Actualizada: 18 de junio 2024

Nada xustifica todos os atentados terroristas nos nefastos tempos da ETA, que sembrou o país de centos de vítimas inocentes, tamén nenos e nenas , pero a ninguén do goberno daquela - como esa organizacion terrorista era vasca - se lle ocurreu a macabra idea de bombardear Euskadi e deixar sen luz, auga e alimentos a toda a poboacion inocente en represalia

Nada xustifica todos os atentados terroristas nos nefastos tempos da ETA, que sembrou o país de centos de vítimas inocentes, tamén nenos e nenas , pero a ninguén do goberno daquela - como esa organizacion terrorista era vasca - se lle ocurreu a macabra idea de bombardear Euskadi e deixar sen luz, auga e alimentos a toda a poboacion inocente en represalia.

Na franxa de Gaza un bombardeo do exercito israeli deixou un neno palestino de oito anos sen pai nin nai e sen a súa irmá pequena á que sempre protexía. Agora sen fogar nin familia, con moita fame, vaga polas ruinas entre os escombros do que foi o seu fogar onde atopou a boneca de trapo da sua irmanciña. Con ela en brazos busca onde se gorecer cando chegue a noite preguntándose onde se atopa o bo Deus da terra prometida.

Ese Deus que - segundo os poderosos - xustifica o dereito de Israel a masacralos sen piedade. Eles levan décadas confinados nun inmenso cárcere a ceo aberto como é a Franxa de Gaza sen saber que mal fixeron para merecer tanto odio, sobre todo as familias humildes como a súa que non saben de políticas e só queren vivir en paz e cativos como el que naceron coa banda sonora das sirenas das alarmas e o medo no corpo.

Esquecémonos da ocupación e colonización pola forza do territorio palestino por parte de Israel indo contra todos os dereitos e principios internacionais e coa complicidade e pasividade dos gobernos poderosos ante a inxustiza de privar o pobo de Palestina de ter un estado ou polo menos unha terra onde poder vivir en paz, rezar aos seus mortos e non morrer de fame.

Se sementamos odio, recolleremos odio. Se xustificamos ollo por ollo, o dia de mañá se un neno ao que lle arrebataron a familia, o seu fogar e todo canto tiña e busca os culpables e quere vinganza; nós na nosa comodidade - visto de lonxe - que diriamos? que é terrorismo ou lexiítima defensa? igual que xustifican os paises poderosos o masacre que está a facer Israel co pobo palestino.

Eu condeno todo tipo de violencia,e condeno o masacre perpretado por Hamas contra a poboación inocente israelí, que a quen máis vai prexudicar é ao pobo palestino. Pero tamén condeno a hipocrisia de quen tolera a inxustiza coa dobre vara de medir e miran para outro lado cando se mata un pai de familia por defender a pedradas o seu fogar, ou se atenta contra a poboacion civil e vítimas inocentes que nada saben das guerras de poder pero son os que as padecen.

Non hai maior tristura como ver como a unha nai nova se lles secan as bágoas de tanto chorar polo seu fillo morto nun bombardeo. Nada xustifica unha guerra.de exterminio. Non ás Guerras.