O ano 2025 tamén será un ano COVID-19, o becho chegou para quedarse

05 de enero 2025

Estamos ante un novo ano, o 2025, e esta é a primeira colaboración en Pontevedra Viva" do mesmo. A xente mira para atrás e olla cara aquel 2020 e o chama o ano do COVID-19", lembrando as ceas de fin de ano con restriccións e con visitas con mascarilla.

 A xente cre que aquilo forma parte do pasado, que o COVID-19 esfumouse e que xa estamos a salvo del… algo moi lonxe da realidade. Incluso hai xente que se cre segura por estar vacinada", ignorando que xente ca pauta compreta de vacinación morreu de COVID-19. Que conste que a presente colaboración non pretende ser un ataque xenófobo contra o milenario pobo chino, o digo debido a que hoxe con suma rapidez che poñen o sambenito" de fachosfera" ou che acusan de delito de odio". Eu sempre digo que o delito de odio que se contempra na lexislación española é algo propio dunha distopía e da policía da moral", o odio é un sentimento feo, pero non é un delito senón o manifestas con violencia física ou verbal. Durante o período de andazos de peste do século XIV, sobre todo no ano 1348, as comunidades afectadas buscarán ós chivos expiatorios nos xudeus, acusándolles de envelena-los pozos. Evidentemente todo era falso, pero debido a que os xudeus eran máis hixiénicos que os cristiáns polas súas prácticas relixiosas, eran menos afectados polo andazo, e de aí saltaron as sospeitas, e estas poboacións por outra banda sempre eran os chivos expiatorios.

Sen probas polo tanto acusaban a aqueles responsables" da peste… pero no caso do andazo do século XXI, o COVID-19, todo sinala a que sí houbo un responsable: o goberno (que non o pobo) chino. Donald Trump chamaba o virus virus chino", un acerto por parte dun insolvente intelectual, as veces pasan estas cousas. O wokismo fixo que esta denominación fora condeada, a pesar de que sí naceu e foi creado o virus en China, e que da gripe española" do 1918 ninguén se cuestionara o seu nome a pesar de que en España nen era endémica, nen tivo nada que ver o goberno español neste andazo.

A estas alturas, creo que está máis que demostrado que o do virus do COVID-19 saltando dun pangolín ou dun morcego ós humáns é un disparate. Non se deu atopado, ate o momento, un só morcego portando o virus. Apliquemos o método hipotético deductivo e o método da falsación do compatriota meu Karl Popper (eu son austriaco, non existe autodeterminación de xénero?, pois eu abogo pola autodeterminación de nacionalidade, despois de todo, é máis doado salta-las fronteiras políticas que as biolóxicas, xa me gañei o sambeniro" tránsfobo, outra palabro inventado polo wokismo). Karl Popper dicía que para demostrar se unha teoría é falsa ou verdadeira, hai que tentar falseala, se non o consigues a pesar de tódolos teus esforzos, e que a teoría é certa. Eu teño a teoría de que o COVID-19 é un supervirus xerado nun laboratorio en Wuhan (China), posiblemente ca vista de usala como arma biolóxica e que por algún problema na seguridade alguén se infectou e o virus saiu así ó exterior do laboratorio. En Wuhan realmente hai un laboratorio no cal sabemos que andaban a manipular, antes da crise do COVID, con varios coronavirus. É dicir, que nos pretenden facer crer que o COVID-19 tivo o seu epicentro inicial en Wuhan de xeito casual, sen nengunha relación co laboratorio. Como China é como Pontevedra e Marín xuntos de grande (nótese o sarcasmo) hai posibilidade desa casualidade. Cando os inspectores da OMS foron a China, tiñan a catro persoas por cada un deles que os vixiaban en todo momento. A OMS acabou decretando que non había unha relación clara entre virus e o laboratorio. O goberno chino foi todo menos transparente, e está claro que lles saía máis rendable untar á OMS que pagar tódalas indemnizacións por tódalas vítimas por estar xogando a ser Deus nun laboratorio en Wuhan. Eu son moi moi de esquerdas, a pesar de que a xente acaba chamándome fachosfera" neste ambente de insulto xerado neste país nos últimos anos, onde ningunease a calqueira que desinta do pensamento" woke chamándolle facha, cavernícola, trumpista e toda unha serie de palabros xerados ex profeso para desvirtuar á disidencia e rirse, non só dende os despachos, senón dende os Mass media cos seus respectivos bufóns ben untados. a pesar de ser de esquerdas, boteille un ollo ó programa de VOX, e nel piden pedir explicacións a China polo acontecido. Estou a favor con isto, e por esta coincidencia con VOX, seguramente serei atacado por toda unha serie de descerebrados woke. O goberno chino copou o transporte marítimo de grandes contedores para poder estrangula-la economía occidental, por iso ninguén quere pedirlle nese Occidente suicidado polo wokismo explicacións a un goberno chino responsable e culpable.

A política a nivel mundial ante o COVID-19, foi errada, tamén en España, pero Pedro Sánchez limitouse a aplica-las medias europeas, non ten a culpa. A desescalada foi demasiado rápido e optouse pola ridícula teoría de que canto máis circulara o virus, se gripalizaría", palabra que foi inventada para dar sentido a unha aseveración falta de carácter científico. O que fixo esta política foi que apareceran novas variantes do virus, sendo imposible acada-la inmunidade. Por outra banda, o confinamento chegou demasiado tarde, cun Fernando Simón que aseveraba, textualmente, que ían ser en España dous ou tres casos", cando en Italia xa estaban as morgues ata arriba, hai hemerotecas.

E chegaron as vacinas, as pseudo-vacinas, pero tiñas que vacinarte, senón non podías viaxar, entrar nunha residencia a visitar a un parente ou sinxelamente ir a un concerto. Cando a xente foi afectada polos efectos da vacina, incluso morrendo, ante a posible avalancha de reclamacións, a ministra de sanidade, que se vestía ca bata verde sanitaria para facer comunicados cando como liberada sindical fai anos que no entra nun hospital, alega que ninguén obrigou a xente a vacinarse"… delirante. As vacinas do COVID-19 foron moi prematuras, pouco testadas e foi unha vergonza que lle deran a Katalin Karokó e a Drew Weissman o Premio Nobel de medicina ante a pouca efectividade das mesmas, usadas máis como método de contención de pánico que outra cousa. É máis, as vacinas foron contraproducentes, xa que daban unha falta sensación de seguridade e iso fixo que a xente optase por recuperala vida social anterior á pandemia e infectándose máis xente. A actuación da OMS foi vergoñenta, habendo incluso constancia de como foi mercada polo pouco transparente goberno chino.

Antes se tiñas molestias na gorxa, tomabas uns caramelos e listo, eu vivo cunha persoa de risco, e cada vez que teño molestia na gorxa teño que facerme o test de antíxenos, meterme esa pértiga ata que toque fondo e rezar para que sexa negativo. Por outra banda, enfádame que cando vexo a procedencia destes test, así como das mascarillas: China. Que por riba estase lucrando. En fin, no ano 2020 non foi o ano do COVID-19", o virus, a día de hoxe segue aquí, e a xente segue contaxiándose e morrendo por el, pero os gobernos deron por maquilla-las cifras de vítimas do COVID-19 por medio da argumento retorcido de que non morren de COVID-19, senon con COVID-19", un matiz absurdo, ou alegando que morreron por patoloxías previas". Non, non, señores e señoras, a xente morre de COVID-19 tanto no 2020 coma hoxe, 2025, e seguirá morrendo. Non aprendimos nada, a OMS tiña que desaparecer por falta de eficiencia, e tiña que xerarse un gran laboratorio público e internacional para producir fármacos libres de patentes, e non que unha far-mafia" unte a político sí, político tamén, e cunha OMS cuxo comportamiento foi un esperpento. E do mesmo xeito que non son un facha, non son un anti-vacinas, son un individuo que cre que en concreto, as vacinas do COVID non son vacinas, como xa dixo alguén, son como moito un medicamento, pero estes especialistas xa foron debidamente silenciados en aras do consenso da mentira e o trunfo da mediocridade dunha Europa suicidada que xa non pinta nada nen social, nen cultural, nen económicamente. Eu baixome na próxima.