A semántica do neumático piroplástico

02 de diciembre 2021
Actualizada: 18 de junio 2024

Por diante que o concepto de semántica é para min un pouco vago, impreciso e imperfecto. Supoño que a outros tantos ocorrelles o mesmo. Ten que ver, según a Wikipedia, co significado das cousas, o senso das mesmas

Por diante que o concepto de semántica é para min un pouco vago, impreciso e imperfecto.

Supoño que a outros tantos ocorrelles o mesmo. Ten que ver, según a Wikipedia, co significado das cousas, o senso das mesmas.

Nesa simple acepción a cito. Vou falaren do significado do néumatico. Falando en cristiano: da roda do coche, bici ou camión. Cousa simple.

Na breve definición da Wikipedia - matria e patria de tódolos saberes - apunta xa que a semántica estudia o significado nun contexto determinado, nunha lóxica concreta e nuns coñecementos específicos.

Contexto, lóxica e coñocementos ós que necesito recorrer para facer esta inquisotrial disgresión. ¿Qué ten o neumático que queiman os traballadores de Celulosas, que é , qué significa e qué quere significar o neumático ardente - redondo el - nunha rotonda ou redonda - redonda ela - na autovía de Marín?. Contexto

¿Qué significado ten a "pironeumática" como arma de desenvolvemento e de futuro? ¿Tentan emular o volcan de La Palma? ¿Adoitan esperar que a goma derretida cree unha "fajana" o carón da rotonda e volque o plasto queimado no banco de Os Praceres? ¿Tentan detelo tráfico aereo que sobrevoa Pontevedra cunha fumarada de centos ou milleiros de metros? ¿Cal e a lóxica de empregar neumáticos?.

Mais acaido ca temática, co significado e significante, co que se conta e quere ser contado sería queimar rolos de eucalipto ou piñeiro e , nunha mais elabourada, refinada e elegante estratexia queimar a "pasta de celulosa". Darialle un sesgo numantino e heróico nada desdeñable os efectos de impacto mediático e de comunicación.

Sensibilizaría – dalgunha maneira -os ecoloxistas mais moderados que verían como a "queima suicida" dos productos e subproductos da pasteira reducirian a pegada contaminante dos arames, tintas, colas, hidrocarburos , etc .... que forman e conforman os neumáticos. A proba do 7: existiría pois, conciencia ecolóxica nos traballadores e en Celulosas.

Se é unha cuestión de non quererse "inmolar" nesa fogueira tentando concienciar a cidadania - e como mal menor - que queimen palés; que algo menos ou bastante menos contaminan. ¿lóxica?

E si, pola contra, queren elevar a relevanza da súa piromanía neúmatica o "sumun", que queimen a propia pasteira . Serían Trending Topic, el No Va Más e todo iso. Seguro que aparecerían na escaleta de inicio de todos os telexornais, agás os da CRTVG .

Ninguen mellor que eles para facelo: coñecen os puntos febles e criticos da industria que durante 50 anos queimou a nosa Ría. Coñocementos específicos.

Evidentemente a forma e fondo desta miña reflexión está claro: que usen a súa intelexencia para defendelos seus dereitos en troques do uso indiscrimando de chisqueiro e mistos que a pouco levan e a nada conducen.

Por si non lles convence este "penúltimo" parágrafo recordarlles que para ter éxito como os traballadores de Puerto Real o teñen casi todo: movilización, conciencia de clase, slogans axeitados, apoio dos medios, apoio sindical, cortes de tráfico, unha rotondoa, a piroplastía e só falla unha cousa: a Tanqueta de Marlaska.