A gran noite da música pop

13 de marzo 2024
Actualizada: 18 de junio

Na noite do 28 de xaneiro de 1985 (e madrugada do 29) xuntáronse durante dez horas nos estudios A&M de Los Angeles, 42 músicos norteamericanos, entre eles algunha das maiores estrelas da música pop do momentospanliberation>

Na noite do 28 de xaneiro de 1985 (e madrugada do 29) xuntáronse durante dez horas nos estudios A&M de Los Angeles, 42 músicos norteamericanos, entre eles algunha das maiores estrelas da música pop do momento. O obxectivo era gravar unha canción benéfica, sen percibir por iso remuneración algunha. Todo xurdira polo pulo de Harry Belafonte, o lendario actor e músico, de notable implicación na loita polos dereitos civís en EEUU, quen tomara boa nota do proxecto "Do they know is Christmas?, o single que promovera Bob Geldof no Reino Unido o ano anterior para levar axuda aos nenos e nenas de Uganda, que sufrían unha devastadora falta de alimento.

Xunto con Ken Kragen, un "capo" entre os representantes de artistas de primeiro nivel, artellou unha organización chamada "Usa for Africa", ampliando a todo o continente a axuda.

A historia desta gravación é contada nun documental no que se implicaron as compañías Makemake, Paramount Pictures e Dorothy Street Pictures e que distribuído por Netflix e publicado a comezos deste 2024. O director foi o vietnamita-estadounidense Bao Nguyen e Lionel Ritchie púxose ao fronte da produción executiva. Foi Ritchie quen suxeriu a Quincy Jones como produtor da gravación. Chamaron a Stevie Wonder pero non lograron contactar con el, e para cando o músico se presentou, estaba xa tamén no barco Michael Jackson e entre el e Ritchie xa tiñan feita a canción, que se gravaría unha semana despois. Como curiosidade, Jackson, que non tocaba ningún instrumento, compuña todas as melodías e arranxo cantaruxando.

O problema de xuntar a tantas estrelas nun mesmo sitio resolveuse aproveitando que o 28 de xaneiro era a entrega dos American Music Awards e a maioría deles estarían no Shrine Auditoriuma de Los Angeles. O propio Lionel Ritchie no rol de mestre de cerimonias e tamén recollendo varios premios polo seu traballo no álbum "Can't slow down". Ademais dun incansable traballo entre bambolinas avisando aos seu compañeiros que lembraran que aquela mesma noite tiñan a gravación de "We are the world" (que tal foi o título escollido para a canción).

O documental é unha xoia. Hai entrevistas actuais a algúns dos músicos daquela noite e tamén a técnicos como o enxeñeiro de son Humberto Gatica que foi recrutado sen que lle aclararan que era un traballo non remunerado. Pódese ver a Bob Dylan disfrazado de polbo nun garaxe, tan perdido que lle pide axuda a Stevie Wonder para preparar a súa parte vocal. Ou a Al Jarreu, quen despois de que Quincy Jones pida nun receso unha ovación para Harry Belafonte pola súa iniciativa, arrinca a cantar un famoso tema do músico de orixe xamaicana (Banana Boat (Day-O) para ser coreado polo resto dos artistas alí presentes, homenaxeando a Belafonte co seu canto.

Especialmente riseiro é o momento en que Stevie Wonder turra en engadir á canción unha liña en suahili, como idioma representativo de África. A reacción dos demais non foi moi entusiasta, a que menos a de Waylon Jennings, quen se levantou e abandonou a sala con cara de poucos amigos.

En fin, por moitas razóns, The great night of the pop music é un marabilloso documento de como era iso de xuntar a case medio centenar de estrelas para unha causa benéfica e que funcionara!