A Festa das árbores

14 de febrero 2017
Actualizada: 18 de junio 2024

Nestes días non son bos tempos para as árbores na súa loita con ventos e temporais. Moitos foron os que caeron e outros quedaron con danos, outros resisten e ningún vento por moi forte que sexa pode con eles, como o noso árbore de referencia o carballo de Santa Margarida, que dobrara cando el queira non polos empurróns dos ventos traizoeiros, outros caeron ou quedaron seriamente danados como os Cedros das Palmeiras sempre a carón da nosa infancia, fogar e refuxio dos estorniños que nos marabillaban cas súas acrobacias nos recreos do instituto.

Non resistiu o Tilo centenario que, como un moderno miliario, guiaba os peregrinos camiño de Compostela, era como un faro na Ponte do Burgo. Baixa o Lérez cargadiño de madeira cunha flota de troncos e polas das árbores que caeron nas ourelas e arrastra o río, tamén o Gafos sufreu o temporal ca perda de moitos árbores que se espelleaban nas súas augas pero a sorte que ten o Gafos e que tellen aos de Vaipolorio que miran por el e o coidan e axiña o limpan de ramaxes que atrancan as pontes e arranxan os pasos de madeira. 

Mágoa dos paxaros aos que o vento tirou os niños e deixounos sen fogar deume moita pena na casa duns amigos no xardín ver no chan un Algarrobo e entre as pólas un niño destrozado cos ovos polo chan que xa non agromaran a vida e non alegraran cos seus rechouchíos a vindeira primavera. Agardamos que axiña cando chegue o bo tempo repoñan todas as arbores caídas.

Xa os nosos antergos entenderon a importancia das árbores nas nosas vidas e no ano 1895 hai constancia que se celebraban en Galicia moitas festas adicadas as árbores e no 1569 Luis de Luaces, alcalde de Mondoñedo manda que cada veciño acuda ao Campo dos Remedios con tres árbores froiteiras para plantar. Agora, a nosa xeneración moito máis preparada e con máis coñecementos plantamos eucaliptos e enchemos os montes de especies de árbores foráneas e bioinvasores que o desertizan e os despoboan de vida e riqueza. Así nos vai.

E en febreiro cando na nosa cidade entre pedras milenarias florecen os camelios e magnolios que poñen luz e cor á grisura do inverno e o monte tínguese de amarelo como Os Xirasois de Van Gogh co florecer das mimosas que aínda que son bioinvasoras son moi fermosas en flor.