VÍDEO.- Alertan del riesgo de nubes tóxicas en O Salnés: "estaba no parque coas miñas fillas e chovíanos o sulfato por riba"

O Salnés
30 de abril 2023

Una asociada de la 'Plataforma pola Regulación dos Produtos Fitosanitarios do Salnés' captaba el momento en el que la nube tóxica generada durante la sulfatación de un viñedo en un lugar de O Salnés se extendía hasta las fincas y casas vecinas, con grave peligro para la salud de sus habitantes, una imagen habitual cuando empieza la temporada de aplicación de los productos fitosanitarios a las viñas y que este colectivo quiere denunciar

Nube tóxica mientras se 'sulfata' un viñedo en O Salnés / Plataforma pola Regulación dos Produtos Fitosanitarios do Salnés

Una asociada de la 'Plataforma pola Regulación dos Produtos Fitosanitarios do Salnés' captaba el momento en el que la nube tóxica generada durante la sulfatación de un viñedo en un lugar de O Salnés se extendía hasta las fincas y casas vecinas, con grave peligro para la salud de sus habitantes, dada la toxicidad de estos compuestos, cuya aplicación tiene unas indicaciones que a menudo no se siguen, como es este caso. 

Desde la plataforma vecinal lamentan que en la comarca de O Salnés esta sea una imagen habitual cuando empieza la temporada de aplicación de los productos fitosanitarios a las viñas.

"Depende do tempo, pero a principios de abril, coa parra con moi pouca folla, a xente xa está sulfatando cos ventiladores, e isto ata mediados ou finais de agosto, que é cando comeza a vendima", explica Pablo Pereira, ingeniero técnico forestal vecino de Dena (Meaño) y presidente de la Plataforma.

Pereira matiza que "sulfato de cobre era o que se aplicaba antes, os produtos que se botan agora non son sulfatos, son produtos fitosanitarios, como funxicidas ou insecticidas, pero bueno, todo o mundo segue falando de sulfatos, e por iso en redes sociais chamámonos Regulación Sulfato".

Pablo Pereira, ¿por qué proliferan estas nubes tóxicas en O Salnés con total impunidad?

– Cando se saca o carné de aplicador de fitosanitarios, danse unhas boas prácticas, uns consellos: ao lado das casas hai que aplicar a pistola, de espalda... Que pasa? Que son boas prácticas e a día de hoxe non se están cumprindo, porque a xente quere acabar rápido. Por exemplo, un viñedo de 2.000 metros cadrados en 5 minutos o tes sulfatado cos atomizadores, e a man tárdase bastante máis. O problema é que non existe ningún tipo de ordenanza, lei galega ou lei estatal que regule estes produtos. Entón, non quero dicir que o faga mal todo o mundo, pero entre os que si, vemos que se están a utilizar os atomizadores ao lado das casas provocando esa nube tóxica e canceríxena, a xente quéixase, chama ao Seprona, ou a Garda Civil, e a resposta da Xunta é que non é denunciable. Por iso a xente está moi cabreada agora mesmo.

En este contexto nace la 'Plataforma pola Regulación dos Produtos Fitosanitarios do Salnés' de la que tú eres presidente.

– A plataforma ten menos dun ano, nace nas redes sociais vendo as protestas da xente respecto á aplicación dos sulfatos ao lado das casas e ante a inacción das denuncias que se fan. Decidimos reunirnos e vimos que a mellor maneira de afrontar este problema era formando unha plataforma, na que temos de todo: traballadores, xente xubilada, xente moi nova, tamén hai viticultores que están moi preocupados, cooperativista de bodegas, e incluso hai algún bodegueiro. Por iso, o que sempre dicimos é que nós non estamos en contra da viticultura, sabemos que é un sector moi importante na zona, o albariño é un dos viños máis importantes do mundo, é un viño fabuloso, e o que queremos é outra forma de cultivo e de tratar a viña.

¿Cuáles son vuestras demandas?

– O que reclamamos é a paralización xa de novas plantacións ao lado das casas, paralización de novas plantacións ao lado dos ríos en zona policía, que son a 100 metros do río a cada lado, e basta xa de mordidas ao monte e de plantar no monte. O que queremos é unha ordenación do territorio e buscar outras zonas para plantar as viñas, e se non pode crecer a Denominación de Orixe no Salnés, pois que non creza, pero isto temos que ordenalo.

¿Qué datos tenéis para afirmar que los productos que se aplican a las viñas son cancerígenos?

Que son tóxicos e canceríxenos  o di a propia farmacéutica, a xente debería ler os prospectos

– Que son tóxicos e canceríxenos non o dicimos nós, a xente debería ler os prospectos da medicina, e aparte o di a propia farmacéutica. Falamos con Xabier Rial, que veu a dar unha charla a Meaño, un enxeñeiro que traballa para catro farmacéuticas e é o que fai o testeo final dos produtos fitosanitarios. Foi el o que nos dixo que son tóxicos e canceríxenos. Cando cho di a propia farmacéutica non hai dúbida.

La venta de estos productos está autorizada, ¿dónde está el problema, entonces?

– Falando co enxeñeiro Xabier Rial, o que se está facendo é dosificando mal, estanse dando 20 mans á viña ao ano, que é unha auténtica barbaridade, é unha man á semana, incluso nos días de néboa cada 3 ou 4 días dáse a aplicación con estes atomizadores. O tractor leva un tanque detrás cun ventilador, e ese ventilador expulsa o sulfato con forza á parra e fai unha nube tóxica que vai a dez metros. Que pasa con esa nube tóxica? Que non é controlable, e cun pouco de vento se esparce. O que falamos tamén con Xabier Rial é como era posible que se deran tantas mans, e o que nos dicía era que non se trata de que os produtos sexan peores ou menos efectivos, é que a cepa, a viña, se acostuma á medicina, e canto máis lle das, máis quere.

Denunciáis que en los últimos 5 años se están plantando viñas sin control, incluso en el monte, afectando a los acuíferos.

– Estanse dando mordidas ao monte, permitindo cambios de cultivo de monte a viña en grandes extensións. E os acuíferos, onde están? Están no monte, non aquí abaixo. Hai traídas veciñais e tamén particulares que veñen de mananciais que están no monte, e se lles plantamos viña encima e aplicamos estes produtos fitosanitarios, pois estamos contaminando.

¿Por qué O Salnés es una comarca especialmente sensible ante los productos fitosanitarios a diferencia de otras zonas vinícolas?

O que pedimos é unha protección ás casas onde vive a xente, que nos están envenenando

– O Salnés non é a Rioxa, non é o Duero, temos minifundios, parcelas pequeñas e casas diseminadas por todas partes, coas plantacións en calquera sitio. Entón non podemos aplicar os produtos fitosanitarios como se fai por aí fóra. O que pedimos é unha protección ás casas onde vive a xente, que nos están envenenando. Ti date conta de que se tes a túa casa rodeada de tres ou catro viñas, vanche vir tes ou catro veces á semana a sulfatar á túa propia casa, e a envenenarte.

Estáis preocupados por las casas pero también por cómo puede afectar a los espacios públicos.

– Hai viñas plantadas ao lado dos colexios que se están atomizando, e iso, que che vou dicir?, que teñas aos teus fillos no colexio e que lles estean aplicando sulfatos ao lado, pois é moi preocupante. E tamén hai viñas ao lado dos parques que se están atomizando, e iso acaba nos pulmóns da xente. Eu mesmo o ano pasado estaba nun parque coas miñas fillas e tivemos que marchar correndo porque nos chovía o sulfato por riba. Esiximos unha protección para colexios, parques e pistas deportivas. Reclamamos que a 100 metros das vivendas se use só pistola, non atomizador. E a 20 metros dos colexios, parques ou pistas deportivas prohibir os produtos fitosanitarios. Tampouco estamos pedindo moita cousa, porque son 20 metros, pouco máis de 20 pasos. É como nas franxas dos incendios coas edificacións.

Además de este incidente en el parque, ¿nos puedes contar alguna situación más? 

Isto de caerche o sulfato por enriba pódeche pasar no parque ou na túa propia eira, xa non digo comer fóra ou tender unha roupa

– Esto de caerche o sulfato por enriba pódeche pasar no parque ou na túa propia eira. Moitas veces non podes estar fóra porque che cae sulfato, xa non digo comer fóra ou tender unha roupa, e xa deixar ventás abertas, pois non. Hai xente á que lle están sulfatando as ventás, que é unha auténtica barbaridade. Tes que ter moito coidado, en canto escoitas un tractor, xa estás alerta e ver a onde vai, se vai á finca que está ao lado da túa casa ou para onde. E xa se marchas e deixas algunha ventá aberta quedas cunha preocupación tremenda por se virían ou non virían a sulfatar.

Cuáles son las acciones que os marcáis para conseguir vuestras demandas?

– Nós intentamos buscar a nivel concellos que se fixeran ordenanzas, reunímonos cos partidos de diferentes concellos e chegamos á conclusión de que non se podían facer esas ordenanzas porque no existía esa lei superior. Entón a nosa loita pasou a Santiago e reunímonos con todos os partidos políticos, con moi boa sintonía con nós. En maio parece ser que vai levar a comisión o PSOE este tema e vaise facer unha proposición non de lei, entón vamos a esperar como se poñen os partidos, se de perfil ou conseguimos algo. Tamén nos reunimos coa valedora do pobo e deunos consellos para seguir e reclamar ao valedor do pobo en Madrid e ao europeo, e aí estamos tamén, intentando que se creen esas leis.

* Nacida en Meaño, la 'Plataforma pola Regulación dos Produtos Fitosanitarios do Salnés' abarca todos los ayuntamientos de la Denominación de Orixe Rías Baixas que están en O Salnés. Actualmente, tienen abierta una campaña en la web change.org (Petición • REGULACIÓN DO USO DOS SULFATOS • Change.org) donde se pueden consultar todas sus demandas y colaborar con una firma de apoyo. No admiten donaciones.