Amikuch Studio: cocinas e interiorismo con sello gallego

Pontevedra
27 de septiembre 2024
Actualizada: 15 de octubre

Desde su apertura en 2006, Amikuch Studio trabaja en la creación de espacios personalizados y adaptados a las preferencias de cada cliente, tanto en cocinas como en interiorismo del hogar

Amikuch Studio Mónica Patxot

Dende a súa apertura en 2006, Amikuch Studio traballa na creación de espazos personalizados e adaptados ás preferencias de cada cliente, tanto en cociñas como en interiorismo do fogar.

O proceso para quen quere adquirir unha nova cociña é sinxelo e accesible. O equipo encabezado por Luis Fernández, xerente, e Paula Pereira, interiorista, traballa da man cos clientes para entender as súas necesidades. Cando unha persoa entra en Amikuch Studio, non só se atopa cunha variedade de opcións de deseño, senón que tamén recibe un asesoramento completo.

"O obxectivo é crear un ambiente funcional e esteticamente agradable, integrando a cociña con outros espazos da casa", matizan. Por iso, ademais de cociñas, propoñen solucións de interiorismo para toda a vivenda, abarcando dende salóns ata dormitorios.

Ademais do deseño personalizado, un dos sinais distintivos de Amikuch é o seu equipo. Cunha traxectoria conxunta en proxectos de interiorismo dende 2006, souberon construír unha sólida reputación baseada na satisfacción do cliente. "As reseñas dos clientes en redes sociais notamos que sempre nomean a todo o equipo, dende o primeiro contacto con nós, a montaxe por parte dos instaladores e demais gremios que participan levando a cabo cada proxecto, destacando a atención e o coidado que todos lles ofrecemos", afirman Luis e Paula.

GOCOCI

Amikuch Studio é distribuidor oficial de Gococi. Esta prestixiosa firma orixinaria de Gondomar está especializada na creación de mobiliario de cociña que combina funcionalidade e estabilidade, a través de tecnoloxías avanzadas na súa ensamblaxe. Os seus módulos, todos fabricados con taboleiro hidrófugo, están concibidos para resistir ambientes húmidos, garantindo durabilidade e unha longa vida útil.

Un aspecto destacado da firma galega é o seu compromiso ambiental, xa que utiliza materiais reciclados de madeira na súa produción, contribuíndo á sustentabilidade dos bosques e reducindo a necesidade de corta de novas árbores.

Gococi aposta pola innovación constante, implementando características diferenciais, como amortecedores nas frontes para minimizar o ruído e sistemas de regulación accesibles dende o interior do moble. Ademais, todos os seus produtos contan cunha garantía de 10 anos.

VARIEDADE DE MATERIAIS

Amikuch Studio ofrece unha variedade de materiais para mesados, dende porcelánicos de marcas como Neolith e Dekton ata superficies sólidas (solid surfaces) como Corian e Krion, pasando por compactos como Silestone e Compact, ou a pedra natural. "Actualmente, os porcelánicos son moi demandados pola súa estética e resistencia á calor e produtos químicos. Pola súa banda, as superficies sólidas, ao non ter xuntas visibles, ofrecen a vantaxe dunha hixiene perfecta e facilidade de reparación", explican.

A pedra natural e os materiais compactos tamén teñen o seu público, que valora que, grazas á súa dureza, ofrecen maior resistencia aos impactos, o que tamén permite a súa instalación por enriba do vertedoiro.

En canto aos electrodomésticos, o estudio traballa con marcas recoñecidas como Siemens, Bosch ou Balay, entre outras, adaptando as súas recomendacións ao orzamento e necesidades de cada cliente.

Con todos estes elementos, Amikuch Studio consolídase como a opción ideal para aquelas persoas que buscan transformar os seus fogares en espazos personalizados e únicos que combinen deseño, calidade, funcionalidade e atención en todos os detalles.

 

AMIKUCH STUDIO 
Rúa do Cruceiro 15, Pontevedra
Instagram: @amikuchstudio
Facebook: www.facebook.com/AmikuchCocinas/
Teléfono: 986 009 280