Marchando una de libros!! Oído cocina!!

Pontevedra
14 de marzo 2014

Los niños fueron los grandes protagonistas del acto inaugural del XV Salón del Libro en el que, tras el discurso de la concejala de Cultura, se degustó una tarta elaborada por Daniel Diéguez Previamente tuvo lugar el espectáculo "A Casiña de Chocolate" de la Orquesta Filarmónica Ciudad de Pontevedra que en la mañana había llenado el auditorio con 750 niños de centros escolares de toda Galicia

Inauguración del Salón do Libro Infantil e Xuvenil "Cociñando contos"
Inauguración del Salón do Libro Infantil e Xuvenil "Cociñando contos"

O XV Salón do Libro "Cociñando contos" abríu as súas portas este venres ás 19:00 horas. Co fin de darle máis protagonismo aos nenos, profesorado e aos traballos que elaboran durante meses para exponer, tal e como comentou a concelleira Anxos Riveiro no seu discurso, o acto inaugural converteunos en protagonistas.

As profesoras do CEIP San Martiño (Salcedo) axudadas polo alumnado explicaron como elaboraron a seu traballo "Collemos todos os ingredientes necesarios, ideas, metémolo todo na cabeza e así cociñamos contos". Non faltou orixinalidade na quenda do CEIP Parada ⿿ Campañó, na que o alumnado compuxo unha "Sinfonía da verdura" na que dun xeito moi cómico explicaba os diferentes puntos de vista de adultos, nenos e adolescentes, sobre este producto natural.

Para non parar de rir foi tamén o espectáculo dos Chés Antuá de la Sardiní, Philip de Toucignom e Fransuá de la Berenxem de Teatro Gazafelhos, que puxeron á pequeña voluntaria Claudia a cociñar con eles unas filloas que ninguén se atrevería a probar.

Moito máis éxito tivo a sorpresa da tarde, elaborada polo afamado reposteiro Daniel Diéguez. Dani preparou un saboroso cátering salado e doce con galletas ilustradas e unha tarta enorme que representaba ao cumpeañeiro Orbil sentado sobre unha morea de libros.

Durante a fin de semana o Salón abrirá en horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:30 horas

Todo esto tivo lugar nunha Sala de Exposicións chea a rebosar, que ao rematar de celebrar o aniversario da mascota de dirixíu aos contacontos de Pavís Pavós e aproveitou para empezar a inscribirse nos obradoiros infantís e familiares con prazas limitadas.

Previamente ao acto inaugural, ás 18:00 horas, tivo lugar o espectáculo "A casiña de chocolate" da Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra. Inspirado no conto de OQO Editora "Hansel e Gretel" contou ademais cun narrador e dous actores para darle vida á historia. Un exitoso pase para público familiar ao que precedeu pola mañá unha sesión concertada con centros escolares de Pontevedra, Catoira, Mazaricos, Sanxenxo, Pobra do Caramiñal, etc que encheron ás 750 butacas do auditorio e que, aproveitaron para realizar tamén visitas á Sala.

Durante a fin de semana o Salón abrirá en horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:30 horas. O sábado pola mañá contará na súa programación con actividades coma o contacontos dinámico de Pepa Martín "De oca a oca e⿦ como porque me toca" ás 11:30 (tamén ás 17:30 horas), o obradoiro ⿿ showroom "Planea a túa festa" de Ouvirmos ás 11:30 horas con prazas limitadas (50)", os "Cantos animais" de Susa Herrera ás 12:30h. Pola tarde completan o programa o contacontos "Comendo Contos" de Andrea Bayer a partir de 3 anos e a actuación baseada no libro-disco "Pan de Millo" ás 18:30 horas para público familiar.