Exame a Pasarón a case un mes do España-Italia: "Cumpre con todos os requisitos para un partido internacional"
Por Diego Espiño
A pouco máis dun mes do partido da Selección Española Absoluta Feminina fronte a Italia na Nations League, do próximo 1 de decembro, o Estadio Municipal de Pasarón pasou este xoves unha inspección por parte da Real Federación Española de Fútbol (RFEF).
Un equipo de sete persoas da federación nacional examinou a instalación acompañado entre outros do presidente da Federación Galega, Rafael Louzán, a presidenta do Pontevedra, Lupe Murillo, e o deputado provincial Jorge Cubela.
"O campo cumpre con todos os requisitos para un partido internacional desta categoría. Evidentemente hai un manual de UEFA que hai que cumprir en canto a eses requisitos e instalacións e é iso o que vimos ver: avaliar ben o aforo, todas as posicións de comunicación, posicións de cámara, accesos... Todo o operativo e o manual organizativo que ten a RFEF para este tipo de partidos", explicou tras a visita José María Mora, representante da federación nacional.
"O campo está bastante ben, sobre todo o céspede que é o elemento principal está formidable, o club teno nun estado magnífico. É o tipo de estadio que nós buscamos para as nosas seleccións co afán de que sexa unha festa e énchase para apoiar á nosa Selección Española Absoluta", completou Mora.
En todo caso a cita internacional fará que se acometan unha serie de melloras en Pasarón para "actualizar as pequenas cousas que se van deteriorando polo uso", avanzou Rafael Louzán. "A ver se somos capaces de aproveitar un evento destas características e facer esa pequena posta a punto para a instalación", sinalou o máximo dirixente do fútbol galego.
Pola súa banda a presidenta do Pontevedra, Lupe Murillo, asegurou que "confluíron os astros para que a Selección Española fose campioa do Mundo, que o campo o Pontevedra Club de Fútbol conseguise que estea perfecto e que a instalación estea perfecta para acoller este partido".
Relacionadas:
-
Críticas e indignación pola falta de entradas para o España-Italia: "Non vin a ninguén que as conseguira"
Por Diego Espiño |
-
Tolemia polas entradas do España-Italia en Pasarón: Esgotadas en 15 minutos
Por Diego Espiño |
-
O España-Italia, unha proba de lume para o renovado céspede de Pasarón
Por Diego Espiño |
-
Montse Tomé, sobre o España-Italia en Pasarón: "Afrontamos o partido coma se fose practicamente o último"
Por Diego Espiño |
-
Tere Abelleira non falla na convocatoria de España para o seu partido en Pasarón
Por Diego Espiño |
-
Domínguez nega que haxa "uso partidista das institucións" na convocatoria do pleno provincial para tratar a amnistía
Por Anxo Lourido |
-
As entradas para o España-Italia en Pasarón, á venda o xoves 23 de novembro
Por Diego Espiño |
-
Tere Abelleira, protagonista na previa da Nations League: "Por fin falamos de fútbol"
Por Diego Espiño |
-
Tere Abelleira, na lista da Selección para a xanela internacional previa a xogar en Pasarón
Por Diego Espiño |
-
Pasarón acollerá en decembro o partido entre España e Italia da Liga de Nacións Feminina
Por Almu Dapena |
-
Pasarón, candidato a acoller en decembro un partido da Selección Española Absoluta Feminina
Por Diego Espiño |