A Deputación achegará 205.000 euros para a celebración do partido da Selección Española en Pasarón
Por Oskar Viéitez
A Deputación de Pontevedra vai apoiar con 205.000 euros a celebración do encontro que a Selección Española de Fútbol disputará o próximo día 1 de decembro no Estadio de Pasarón.
O presidente da Deputación, Luis López anunciou que o goberno provincial aprobará este venres unha modificación de crédito para "apoiar economicamente unha cita importante para Pontevedra" como é este partido do grupo D da UEFA Women´s Nations League, unha nova competición continental de seleccións.
"Unha cita que é importante para o noso deporte, que é un dos eixos da nosa acción de goberno" sinalou Luis López destacando que tamén é "unha cita importante para a igualdade porque o deporte feminino é un espello no que se miran moitas nenas hoxe en día".
O presidente da Deputación de Pontevedra explicou que a cantidade achegada pola administración provincial á Real Federación Galega de Fútbol pola celebración do encontro "é unha contía de máximos" que vai depender do número final de institucións que queiran colaborar neste evento da selección campioa do mundo.
Luis López mostrouse "convencido" de que a cidade de Pontevedra volverá vivir unha cita deportiva cunha "repercusión internacional" e que "será un día para lembrar".
España lidera actualmente o grupo D tras vencer a domicilio a Suecia (2-3) e no Nuevo Arcángel de Córdoba a Suíza (5-0) na xanela de setembro.
Relacionadas:
-
Domínguez nega que haxa "uso partidista das institucións" na convocatoria do pleno provincial para tratar a amnistía
Por Anxo Lourido |
-
O pleno debaterá unha modificación de crédito de máis de 4 milóns de euros para diversos proxectos
Por Anxo Lourido |
-
Tere Abelleira, na lista da Selección para a xanela internacional previa a xogar en Pasarón
Por Diego Espiño |
-
Pasarón acollerá en decembro o partido entre España e Italia da Liga de Nacións Feminina
Por Almu Dapena |
-
Pasarón, candidato a acoller en decembro un partido da Selección Española Absoluta Feminina
Por Diego Espiño |