
© Club de Tenis Pontevedra
Martín Rodríguez e Elisabet Rossiñol, vencedores do primeiro Torneo Pontevedra Internacional Junior U14 de tenis

Por Redacción
As instalacións do Club de Tenis Pontevedra na Caeira acolleron do 16 ao 23 de setembro o primeiro Torneo Pontevedra Internacional Junior U14, incluído dentro do circuíto Tennis Europe Junior Tour.
Despois de intensas xornadas de competición, primeiro coa previa e despois coa fase final no cadro individual e de dobres, tanto masculino como feminino, o sábado 23 coroouse aos vencedores do torneo.
Na final individual feminina, a gañadora foi a española Elisabet Rossiñol ao vencer a Ailish García, mentres que no partido masculino polo título impúxose o tamén español Martín Rodríguez superando ao británico Murray Watters.
En dobres Murray Watter sacou a espiña vencendo xunto a Sergi Ramis, mentres que as triunfadoras femininas foron Sofía Barrios e Ailish García.
Unha primeira edición do Torneo Pontevedra Internacional Junior U14 que deixou gran sabor de boca no Club de Tenis Pontevedra, que xa pensa en repetir experiencia co obxectivo de consolidar a competición como unha referencia no circuíto júnior.
Relacionadas:
-
Tomás Currás, campión do XXVIII Open Ciudad de Pontevedra Lourdes Domínguez de tenis
Por Redacción |
-
A choiva condiciona o inicio do 21 Torneo Internacional ITF Júnior de Sanxenxo
Por Redacción |
-
Presentado o primeiro Torneo Pontevedra Internacional Junior U14 de tenis: "Van vir xogadores de moito nivel"
Por Diego Espiño |
-
O Club de Tenis Pontevedra aposta pola organización dun torneo internacional Sub-14
Por Diego Espiño |