As redes sociais enchen de felicitacións a Tere Abelleira
Por Redacción
A pontevedresa Tere Abelleira fixo historia coa Selección Española ao proclamarse campioa do mundo tras derrotar a Inglaterra na final. Por iso, as redes sociais encheron de felicitacións á xogadora mostrando a súa alegría e orgullo.
Un deles foi o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, que escribiu na súa conta de Twitter "Partidazo de Tere Abelleira nesta final do Mundial de Fútbol! Parabéns, campioa! Parabéns!".
Partidazo de @teresabelleira nesta final do Mundial de Fútbol!
— Miguel Anxo F. Lores (@Lorespontevedra) August 20, 2023
Parabéns, campioa! Parabéns!
Tamén Alfonso Rueda, presidente da Xunta de Galicia, e Luís López, presidente da Deputación de Pontevedra, quixéronse sumar ás felicitacións, dando o parabén a todo o equipo pero en especial á pontevedresa. "Unha final apaixoante coa presenza de Tere Abelleira en nome do deporte galego", escribiu Rueda.
A selección feminina de fútbol volveu demostrar hoxe o esforzo, traballo e grandísimo talento que temos no noso deporte feminino.
— Alfonso Rueda (@AlfonsoRuedaGal) August 20, 2023
Unha final apaixoante coa presenza de @teresabelleira en nome do deporte galego.
Sempre fostes gañadoras, agora tamén campioas. Parabéns! pic.twitter.com/eRFMJPTsJb
20/8/2023
— Luis López Lugués (@LuisLopezLugues) August 20, 2023
Lembremos este día porque a @SEFutbolFem acaba de facer HISTORIA, e non só do deporte español.
Parabéns, CAMPIOAS!
Que orgullo, @teresabelleira! #JugarLucharYGanar #CampeonasDelMundo pic.twitter.com/r2IRhH0Abm
O mundo do fútbol galego tamén quixo felicitar á pontevedresa, coa Federación Galega á cabeza e equipos como o Pontevedra CF ou o Poio Pescamar.
"Grazas Selección e grazas Teresa Abelleira por facernos tan felices", escribiu a Futgal.
Siiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiii
— RFGF (@futgal) August 20, 2023
Campioas do Mundo!!!
Gracias @SEFutbolFem e gracias @teresabelleira por facernos tan felices
HISTORIA https://t.co/w88uJ2U1Sl
Pola súa banda, o cadro vermello quixo lembrar o campionato de España que gañou Tere cando vestía a camiseta conserveira e admitiron estar "orgullosas" dela.
De campioa de España connosco a campioa do mundo coa @SEFutbolFem
— Poio Pescamar FS (@PoioPescamarfs) August 20, 2023
Orgullosas de ti @teresabelleira #PoioPescamar #España #FIFAWomensWorldCup2023 pic.twitter.com/TXBPr3Zb8t
Por último, o equipo masculino da cidade, o Pontevedra CF, colgou unha foto da xogadora española cunha camiseta granate e escribiron: "De Pontevedra para o mundo. Tere Abelleira campioa do Mundo, máis que orgullosos de ti".
De Pontevedra para el mundo
— Pontevedra CF (@PontevedraCFSAD) August 20, 2023
Tere Abelleira campeona del Mundo, más que orgullosos de ti pic.twitter.com/TVHKx4I2mt
Relacionadas:
-
Tere Abelleira, incluída na esperada primeira lista de Montse Tomé na Selección Española Absoluta
Por Diego Espiño |
-
Pasarón, candidato a acoller en decembro un partido da Selección Española Absoluta Feminina
Por Diego Espiño |
-
Fixada para este xoves na Praza da Pedreira a recepción pública do Concello a Tere Abelleira
Por Diego Espiño |
-
A Deputación convida os clubs da provincia á súa propia homenaxe a Tere Abelleira
Por Diego Espiño |
-
Honras para España e para Tere Abelleira, "o auténtico metrónomo da Selección"
Por Diego Espiño |
-
A falta de equipos, principal obstáculo do fútbol feminino pontevedrés
Por Diego Espiño |
-
Pontevedra ofrecerá unha recepción a Tere Abelleira: "Queremos que toda a cidade estea presente e lle manifeste o noso orgullo"
Por Diego Espiño |
-
Tere Abelleira, campioa do mundo con España tras derrotar a Inglaterra na final (1-0)
Por Almu Dapena |
-
VÍDEO.- Os pontevedreses apoian con todo a Tere Abelleira na final do Mundial
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
A familia de Tere Abelleira, emocionada co Mundial: "Non son capaz de nin falar do contenta que estou"
Por Diego Espiño |